A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

domingo, 25 de febrero de 2024

 

Día de Rosalía

Celebración deste día no segundo recreo

Coro de alumnos/as de 2º e 3º ESO
 
Interpretación do poema Mayo longo de Rosalía de Castro por parte do coro dirixido pola profesora de música.
A continuación lectura do poema ¡Pra a Habana! da escritora homenaxeada en diferentes idiomas por alumnas de 4º ESO e 1º BAC
Lectura en galego
Lectura en latín
Lectura en francés

Lectura en chinés
    

O acto tivo lugar na entrada do instituto

VIVE A RADIO!

 
   


 13 de febreiro

Día Mundial da Radio




Coincidindo co Día Mundial da Radio na radio da biblioteca (Radio Onda Cosme) do IES Cosme López Rodríguez comezamos coa gravación dunha serie de podcast para celebrar a Radio de xeito especial, cun lema que invita ao alumnado a participar desta experiencia.

Vive a Radio!



lunes, 5 de febrero de 2024

ESTAMOS DE ENTROIDO

NO COSME

 

8 e 9 de febreiro




A choiva non impediu a celebración do Entroido. O "folión do Cosme" desfilou nos dous  recreos do 8 e 9 de febreiro polo patio do instituto. Unha xuntanza de alumnos e alumnas compoñentes de folións de Petín, O Bolo, Viana do Bolo, Trives... 


O folión do Cosme

 
Un terceiro cortizo de novidades da biblioteca. Libros para todas as idades, novela negra e banda deseñada, adiviñas, movemento hip-hop...
A biblioteca adquire máis obras para toda a comunidade educativa.
Xa falta menos para chegar a 21000 rexistros.


Un ano máis a biblioteca do IES Cosme López Rodríguez convoca un novo concurso de fotografía, sendo esta a súa sétima edición. O tema escollido para este ano é "Fotografía en espazos abertos".

Día da Paz e non violencia na biblioteca

30 de xaneiro


Día da Ilustración na biblioteca

30 de xaneiro


Obradoiro de radio


Damián Alonso de Ponte...nas Ondas! impartiu  o xoves 25 de xaneiro un obradoiro de radio para un grupo de vintecinco alumnos e alumnas voluntarios na radio da biblioteca.


Achegamento  ao mundo da radio

Coñecendo e montando os equipos

                                     Preparando os guións dos podcast
                                 Gravación dos podcast

Máis información no blog da radio: 


PREPARAR OS BOMBOS E AS AIXADAS
UN SON ANCESTRAL

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ

"O FOLIÓN DO COSME"