A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 28 de diciembre de 2020

 Vive o Nadal da túa biblioteca!

Felicitación do Nadal dos voluntarios da biblioteca e do equipo de profesores


domingo, 20 de diciembre de 2020


 Vive o Nadal da biblioteca!


          

Árbore de Nadal da biblioteca dos tres últimos anos 

    Árbore Nadal 2020              Árbore Nadal 2019                    Árbore de Nadal 2018

 Protocolo de uso da biblioteca

Protocolo resumido de uso da biblioteca

miércoles, 25 de noviembre de 2020

365 días en igualdade

Exposición de libros do noso fondo de igualdade entre homes e mulleres na entrada da biblioteca. 
A comunidade educativa dispón dun Itinerario lector de Igualdade entre homes e mulleres ao que podedes acceder neste blog.



 



 

lunes, 26 de octubre de 2020

                                                                                                                    


A biblioteca do IES Cosme López Rodríguez seleccionada para participar no proxecto "Radio na biblio", a desenvolver durante o curso escolar 2020/21.

lunes, 19 de octubre de 2020

ABERTA A BIBLIOTECA PARA PRÉSTAMOS E DEVOLUCIÓNS. POLO MOMENTO AS SALAS ESTARÁN PECHADAS PARA ESTUDAR OU LER.

 XA PODEDES SOLICITAR O PRÉSTAMO DE LIBROS 

MEDIANTE CITA PREVIA

PREMER NA LIGAZÓN NA PARTE DEREITA DESTE BLOG

24 DE OUTUBRO  DÍA DAS BIBLIOTECAS


Nós celebraremos este día o luns 26. Será o día de inauguración das actividades da nosa biblioteca neste curso escolar.

Será unha festa en liña
Estades todos convidados

Vive a túa biblioteca!
 
Celebración do día das bibliotecas
 
Vídeo 















Comezan as actividades do curso escolar 2020-2021

Nova decoración da biblioteca



A nova realidade da biblioteca. Adaptada á situación sanitaria.

Portas de entrada á biblioteca
Ventilación das salas

Distancia de seguridade entre os postos de lectura


Principia o servizo de préstamo da biblioteca mediante cita previa


 

Comeza a Hora de Ler no ESO e FP Básica


Entrega dos diplomas ós voluntarios do curso 2019-2020


A directora do centro fixo entrega dos diplomas a unha representación dos máis de 100 voluntarios do curso 2019-2020.

Entrega dos diplomas nos distintos cursos
              

             
Algúns dos voluntarios da biblioteca do curso 2019-2020



Abre as portas da túa biblioteca e constrúe o teu itinerario de vida, o teu itinerario lector.
Queremos construir persoas lectoras, solidarias, voluntarias.

Todo é posible na biblioteca

  DEVOLUCIÓN DE LIBROS DO CURSO 2019-2020 

XOVES 22 E VENRES 23  DE OUTUBRO NO RECREO

MEDIANTE CITA PREVIA

Solicitar a cita  cumprimentando o cuestionario que aparece na parte dereita deste blog: 

servizo de devolución de libros


Enviaremos un correo para decir a hora e día de devolución

jueves, 24 de septiembre de 2020

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA


Pinchando enriba do debuxo dos voluntarios da biblioteca que aparece na parte esquerda deste blog poderedes apuntarvos como voluntarios da biblioteca e escoller as actividades nas que querades colaborar neste curso 2020-2021


lunes, 21 de septiembre de 2020

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS E OUTROS MATERIAIS


SERVIZO DE PRÉSTAMO

O servizo de préstamo de libros ou outros materiais realizarase mediante cita previa por un destes medios:

1.- Completando o cuestionario que aparece na parte dereita deste blog.

          ou 

2.- Enviando un correo electrónico: servizoprestamo.bibliocosme@gmail.com

Por correo electrónico informarase á persoa solicitante do préstamo si o libro xa está en préstamo ou si o título encóntrase dispoñible.

No caso de estar dispoñible; 

.- Para recoller o préstamo estableceranse quendas para que non coincidan alumnos de diferentes cursos no mesmo espazo.

.- Indicarase a data na que poder recoller o tÍtulo solicitado.

 

O usuario poderá prorrogar ou devolver o libro tres días antes de que remate o prazo de entrega do préstamo.


SERVIZO DE PRÓRROGA 

Cando o usuario desexe ampliar o prazo de préstamo, tamén o solicitará por medio telemático.


SERVIZO DE DEVOLUCIÓN 

O servizo de devolución do préstamo realizarase por medio de cita previa seguindo o mesmo procedemento que o préstamo.

jueves, 17 de septiembre de 2020

 CURSO 2020-2021

 

A NOSA BIBLIOTECA INTENTARÁ ESTAR ABERTA PARA TODOS

(ALUMNADO, FAMILIAS, PERSOAL NON DOCENTE E PERSOAL DOCENTE) 

AS ACTIVIDADES E MOITOS SERVIZOS SERÁN EN LIÑA

AS REDES SOCIAIS SERÁN O NOSO CORTIZO INFORMATIVO

 

CON

LIBROS

VOLUNTARIOS 

CLUB DE LECTURA

CONCURSOS

CULTURA 

...


UNHA  BIBLIOTECA DE LECTURAS

ESPAZO DE LECTURAS 

FORMACIÓN INTEGRAL DO ALUMNADO


lunes, 22 de junio de 2020

jueves, 28 de mayo de 2020


Melloramos na igualdade entre homes e mulleres
Para mellorar nesta igualdade a biblioteca participou no programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta coordinado polo equipo de orientación.
A nosa colaboración vese reflectida na imaxe anterior onde aparece unha relación de actividades ofertadas pola biblioteca, para este fin.  Moitas delas non rematadas por culpa do covid-19. 

"Itinerario lector de igualdade entre homes e mulleres"
O equipo da biblioteca coa colaboración de orientación elaborou unha guía de libros que abordan a educación en igualdade, con diversidade de títulos e soportes, a disposición de toda a comunidade educativa.

"Escritoras nas aulas"
Actividade por rematar en moitas clases . Para retomar o vindeiro curso.



                                                                           "365 escritoras e ilustradoras para coñecer"



Estabamos a terminar a montaxe

"365 mulleres para a historia"
Actividade paralizada pola pandemia. Retomamos o vindeiro curso.

"Matemáticas para a historia"
 Os voluntarios da biblioteca estaban facendo o mural, mentres que os textos xa están listo.

 "Mulleres creadoras"

Neste espazo mostramos a vida de escritoras e as obras que temos no fondo bibliográfico da biblioteca




"Escritos para a igualdade"
 
Novidades de libros de igualdade