A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 28 de mayo de 2020


Melloramos na igualdade entre homes e mulleres
Para mellorar nesta igualdade a biblioteca participou no programa "Por 365 días de respecto e igualdade" do Plan Proxecta coordinado polo equipo de orientación.
A nosa colaboración vese reflectida na imaxe anterior onde aparece unha relación de actividades ofertadas pola biblioteca, para este fin.  Moitas delas non rematadas por culpa do covid-19. 

"Itinerario lector de igualdade entre homes e mulleres"
O equipo da biblioteca coa colaboración de orientación elaborou unha guía de libros que abordan a educación en igualdade, con diversidade de títulos e soportes, a disposición de toda a comunidade educativa.

"Escritoras nas aulas"
Actividade por rematar en moitas clases . Para retomar o vindeiro curso.



                                                                           "365 escritoras e ilustradoras para coñecer"



Estabamos a terminar a montaxe

"365 mulleres para a historia"
Actividade paralizada pola pandemia. Retomamos o vindeiro curso.

"Matemáticas para a historia"
 Os voluntarios da biblioteca estaban facendo o mural, mentres que os textos xa están listo.

 "Mulleres creadoras"

Neste espazo mostramos a vida de escritoras e as obras que temos no fondo bibliográfico da biblioteca




"Escritos para a igualdade"
 
Novidades de libros de igualdade


No hay comentarios:

Publicar un comentario