Nuns días chegarán as esperadas vacacións de verán. Nestas datas de merecido descanso para toda a familia animámosvos a que gocedes da lectura
É moi positivo para os vosos fillos que fomentemos a lectura desde idades temperás. Ler en familia é unha actividade saudable.
Non esquezas levar algunha das novidades da biblioteca para ler este verán.!
Monforte de Lemos: 79 alumnos e alumnas participaron en actos en prol da lingua galega, tamén realizaron, entre outras actividades, unha visita guiada polo centro histórico de Monforte: logo de baixar ata a praza de España pola costa de Santo Domingo, seguiron pola rúa do Comercio, cruzaron a ponte vella e atravesaron Ramberde cara o edificio multiusos. A etapa monfortina do Correlingua rematou cun acto presentado polo gurpo Os parentes e coa actuación do grupo O Pito de Pikaso.