De entre todas as crónicas etnográficas que se escriben sobre este pais, teño a ben recomendarvos que sigades os escritos de Xurxo Ayán, autor do libro Herdeiros a forza, que aos poucos nos deixa novas reflexións no Galicia Confidencial.
Neste vínculo que vos deixo hoxe atoparedes unha melancólica reflexión sobre o devalo lingüístico dunha aldea do interior de Galicia, de como toda esa vida e sustituida progresivamente por outra vida máis impostada e útil, unha vida que renuncia, que ten que fuxir, emigrar, liscar, porque todo, parece poñerse costa arriba para os que turran pola fala e pola terra no rural.
No hay comentarios:
Publicar un comentario