A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 7 de abril de 2015

A escritora Elena Gallego Abad visita o noso centro

O pasado 23 de marzo tivemos a honra de recibir a visita de Elena Gallego Abad, autora de "Sete Caveiras", libro que foi lido polos alumnos de 3º e 4º de ESO.



"Sete Caveiras" é unha novela de intriga con sabor a Agatha Cristhie, na que Elena rende homenaxe á súa profesión de xornalista.
Sete Caveiras fía unha serie de asasinatos en escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta.







Elena Gallego, aproveitou esta visita para falar da saga "Dragal", que está a disposición do alumnado na nosa biblioteca.
Dragal conforma a primeira triloxía fantástica creada e publicada en lingua galega. A saga que está a ser traducida a diversos idiomas, terá continuidade con Dragal IV "A estirpe do dragón".



Tamén estivo a asinar e dedicou libros.


Moitas grazas pola visita Elena!




No hay comentarios:

Publicar un comentario