A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 22 de mayo de 2015

Os estantes filosóficos I


Temos a intención de poñer en valor a Biblioteca dende o Departamento de Filosofía, mais cabe aclarar que esta re-valorización do repertorio de lecturas filosóficas ten que vir acompañada dunha forte inversión por parte da Biblioteca para subsanar as eivas que temos na Biblioteca neste ámbito.

Empezaremos a falar do manuais, que son libros académicos que teñen a virtude de situarnos no panorama filosófico, tanto a nivel contextual como terminolóxico. Coido que son de gran utilidade na materia de Historia da Filosofía xa que aportan un soporte pedagóxico básico para entender a vísta de páxaro os plantexamentos dos grandes filósofos e filósofas.




De entre os varios manuais que atopamos nas estanterias, hai certas obras que están incompletas e, particularmente, aconsello a adquisición dos tres volumes de Historia del Pensamiento Filosófico y Científico de Reale y Antiseri (Ed, Herder), xa que é manual de referencia que utilizo para prepara as miñas aulas. Tamén sería moi interesante estudar a compra de Atlas de Filosofía ilustrados xa que son un mágnifico complemento didáctico.

Dende o punto de vista da Ética e da Filosofía política o repertorio de lecturas que atopamos na Biblioteca orbita en torno a figura de Fernando Savater, que é un pensador moi interesante e forma xa parte do canon filosófico penínsular, mais penso que debemos ser quen de abranguer outras temáticas é autores que actualicen a problemática ética. Máis adiante escribirei unha entrada sementando algúns títulos neste terreo.






E, xa para ir rematando a entrada de hoxe, gustaríame facer referencia a algúns libros niezscheanos xa que algúns alumn@s de 2º de Bacharelato están adicando programas de radio na Onda Cosme FM a este autor. Nos anaqueis da Bibloteca atopámonos certos títulos do autor como La genealogía de la moral ou El caminante y su sombra; tambien encontramos algún libro sobre Schoppenhauer que foi, para ben e para mal, un dos mestres de Nietzsche. Por último, tamén traio a colación unha obra que leva por título El Deseo, que nos pon sobre a pista dunha das lecturas máis intrépidas de Nietzsche, a do filósofo francés Guilles Deleuze.



No hay comentarios:

Publicar un comentario