O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo
da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179
anos).
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua
Galega (AELG) convida "á comunidade educativa a que se implique de forma
activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave
mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo."
Este ano a súa proposta para ESO e Bacharelato é realizar un
"envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles
do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O
verso, do poema IV de Cantares
gallegos (parte da
estrofa 13) é o seguinte:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
Que se enviaría través das redes sociais, en calquera
das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a
Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do
centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou
no período de recreo."
O noso centro súmase a esta iniciativa e proximamente
informarémosvos como a levaremos a cabo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario