SINOPSE
Finais do inverno de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de oito anos, incorpórase á escola por primeira vez, tras unha longa enfermidade. A partir dese momento comeza a súa aprendizaxe do saber da vida da man do seu amigo Roque e do seu peculiar mestre Don Gregorio, que lles inculca coñecementos tan variados como a orixe da pataca ou a necesidade de que as linguas das bolboretas teñan forma de espiral. O 18 de Xullo de 1936 todo romperá: empeza a guerra civil.
TEMÁTICA E OBXECTIVOS
O valor da educación
- Reflexionar sobre a importancia da educación nas nosas vidas.
- Valorar a educación obrigatoria como unha conquista histórica da xente sinxela e non como unha carga.
- Empatizar coa figura do mestre ou profesor, que entrega a súa vida aos demais.
O coñecemento da natureza
- Descubrir a natureza de forma lúdica.
- Fomentar o respecto polo medio ambiente e a biodiversidade.
- Recoñecer as calidades ambientais do medio onde vivimos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario