Con esta actividade principiamos coas actividades do Mes da Radio na biblioteca, do 3 de febreiro ata o 3 de marzo.
Radio Voz Escolar
Charla na biblioteca
Charla sobre a radio na biblioteca |
O venres 3 de febreiro algúns dos voluntarios da biblioteca que colaboran na súa radio, xuntáronse na biblioteca para recibir unha charla sobre a radio, previa a gravación dun programa para Radio Voz. Antía Díaz, xefa de programas de Radio Voz foi a encargada de falarlles os voluntarios na radio.
Gravación do programa no estudio da radio na biblio
A continuación, parte dos voluntarios trasladáronse ata o estudio de Radio Onda Cosme para gravar un programa para Radio Voz Escolar.
Alumnos de 1º ESO e 2º BAC realizaron o programa. Asistindo como espectadores voluntarios de varios cursos.
A emisión do programa da radio escolar realizouse a través do programa "La tarde es tuya" de Radio Voz (Dial 97,9 FM), o xoves 9 de febreiro ás 16:00 horas.
Máis información no blog da radio da biblioteca:
https://radiocosme.blogspot.com/
No hay comentarios:
Publicar un comentario