A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 19 de junio de 2023


Os pais do alumnado de 6º de Educación Primaria visitaron o centro o pasado 13 de xuño pola tarde.  Foron recibidos polo novo equipo directivo, a orientadora e un dos titores de 1º ESO do vindeiro curso. 

Fixeron unha visita ás instalacións do instituto no que estarán os seus fillos no vindeiro curso en 1ºESO.

Dentro do percorrido polo centro realizaron unha parada na biblioteca. Aquí foron recibidos polo coordinador e este entregoulles un tríptico con información das actividades e un folleto con información para as familias.

 
 Máis información no blog de A nosa biblioteca en familia:

No hay comentarios:

Publicar un comentario