A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 24 de octubre de 2025

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025

Cada ano desde 1997 celébrase o Día das Bibliotecas para conmemorar o incendio da biblioteca de Saraxevo en 1992, durante a Guerra dos Balcáns. O obxectivo deste día é concienciar a sociedade sobre a importancia das bibliotecas como lugar de encontro e acceso libre á cultura e á educación.

O lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas" pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.

As bibliotecas combaten a desinformación a través dos seus recursos, como son as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos e son un dique de contención contra a desinformación.

 

As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio,  lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida. 

Este ano conmemoramos este día coa creación dun cartel propio a cargo do alumno  J. V. d. A.  coa creación e lectura dunha composición literaria sobre a importancia da lectura a cargo do alumno I.C.R e coa interpretación musical dunha peza instrumental por parte do alumno C.A.M.



domingo, 12 de octubre de 2025

                        CURSO 2025-2026 

As bibliotecas escolares de Galicia este ano fan unha viaxe pola cultura e historia do deseño galego parte fundamental do patrimonio do noso país, símbolo de identidade e ferramenta ao servizo da sociedade.

O deseño que acompaña desde o inicio a comunicación escrita, que é orixe de tipografías, logotipos e páxinas, que consegue achegar a información da maneira máis impactante ou máis sutil. O deseño gráfico que atopamos desde a orixe dos tempos da escrita e que hoxe en día se espalla a través de aplicativos dixitais. Unha oportunidade para crear desde as bibliotecas do hoxe e do futuro, tecendo desde a nosa propia historia, coas referencias imprescidibles das editoriais Nós ou Castrelos, do Laboratorio de Formas e Ediciós do Castro… e de mestres do cartelismo como Xosé Vizoso. Propoñemos mirar os libros desde a súa orixe, coñecer o proceso da edición, da composición, da escolla de tipos, papeis, cubertas e encadernacións, da revisión da maqueta e da difusión… e coñecer as persoas que forman parte dese mundo da edición e do deseño gráfico. Deseño gráfico que tamén trascende do mundo do libro e está presente na publicidade, a prensa, as etiquetas, as marcas corporativas… e en tantos outros ámbitos da nosa vida cotiá.  

         

Desde a Biblioteca acompañaremos no tránsito entre a idea e a materialidade para formar parte do relato co noso propio cartaz.

 

jueves, 19 de junio de 2025

 CAMPIONATO DE XADREZ 2025

ENTREGA DO PREMIO AO GAÑADOR SEBASTIÁN ANGULO DE 1º DE BACHARELATO
 E ENTREGA DUN AGASALLO AO RESTO DOS PARTICIPANTES
 

                                  

   





domingo, 25 de mayo de 2025

miércoles, 14 de mayo de 2025

 

A BIBLIOTECA CELEBRA A DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO 2025 COMO ANO CASTELAO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO 75 ANIVERSARIO DO SEU PASAMENTO, CUNHA PEQUENA EXPOSICIÓN TEMPORAL DOS SEUS TRABALLOS


 


 

jueves, 20 de febrero de 2025

jueves, 16 de enero de 2025

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA  

PLIEGOS DE CORDEL DO DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ E LITERATURA   

FEITOS POLO ALUMNADO DE 3º ESO