DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025
Cada ano desde 1997 celébrase o Día das Bibliotecas para conmemorar o
incendio da biblioteca de Saraxevo en 1992, durante a Guerra dos Balcáns. O
obxectivo deste día é concienciar a sociedade sobre a importancia das
bibliotecas como lugar de encontro e acceso libre á cultura e á educación.
O lema deste ano "Contra a desinformación: bibliotecas" pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas na loita contra a desinformación.
As bibliotecas combaten a desinformación a través dos seus recursos, como son as coleccións de libros e prensa ou as bases de datos e son un dique de contención contra a desinformación.
As bibliotecas escolares galegas son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
Este ano conmemoramos este día coa creación dun cartel propio a cargo do alumno J. V. d. A. coa creación e lectura dunha composición literaria sobre a importancia da lectura a cargo do alumno I.C.R e coa interpretación musical dunha peza instrumental por parte do alumno C.A.M.





No hay comentarios:
Publicar un comentario