
O mércores 20 de maio recibimos no IES Cosme López Rodríguez ós alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e do CEIP O Bolo.
No seu percorrido polas instalacións do centro os alumnos fixeron unha visita á biblioteca onde coñeceron os fondos bibliográficos e disfrutaron dos xogos de mesa. Aproveitamos no estudio da radio da biblio a gravar un podcast con algúns dos alumnos/as e cos responsables de ambos centros educativos.
E o luns 25 de maio visitaron o IES Cosme López Rodríguez ás familias dos alumnos/as de 6º Educación Primaria de diferentes centros da comarca. Na visita á biblioteca recibiron un tríptico con información das actividades da biblioteca.



No hay comentarios:
Publicar un comentario