A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

domingo, 6 de marzo de 2016

Semana da prensa

7 ao 13 de marzo

Durante toda a semana imos traballar con xornais nas clases. Substituiremos algúns libros por xornais.

O programa Prensa-Escola, posto en marcha por La Voz de Galicia, achega o rotativo ós rapaces co fin de converter o xornal nun elemento pedagóxico no proceso de aprendizaxe dos alumnos e alumnas. Repartiranse xornais os alumnos e alumnas do centro para que poidan traballar con eles, tanto na aula, como na casa, co obxectivo de ler o xornal, coñecer a actualidade e despertar o sentido crítico dos alumnos e das alumnas.

La Voz de Galicia: Programa Prensa-Escola

   Ademáis ao longo de todo o curso, os alumnos e alumnas traballarán coas actividades propostas dende "El País de los Estudiantes", vinculadas a todas as áreas de coñecemento.

El País de los Estudiantes: recusos útiles
El País de los Estudiantes: suplementos




martes, 1 de marzo de 2016

miércoles, 24 de febrero de 2016

sábado, 20 de febrero de 2016

Falecemento de Umberto Eco


Morre o pensador e escritor italiano Umberto Eco.


Eco naceu en Alessandría, no norte de Italia, o 5 de xaneiro de 1932.

Estudou Filosofía na Universidade de Turín, onde foi profesor tempo despois.

Entre os seus libros máis destacados están "O nome da rosa" (1980), que vendeu máis dun millón de copias e foi traducida a varios idiomas, e "O péndulo de Foucault" (1988).


"O nome de la Rosa" foi mesmo levada ao cinema nunha película protagonizada por Sean Connery.

"Número cero", a súa última novela publicouse en 2015.

En certa ocasión, Umberto Eco dixo: "O que non le, aos 70 anos viviría só unha vida. Quen le viviría 5.000 anos. A lectura é unha inmortalidade cara atrás"