Roteiro de Manuel María en Monforte de Lemos:
A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.
miércoles, 11 de mayo de 2016
Correlingua 2016
Monforte de Lemos: 79 alumnos e alumnas participaron en actos en prol da lingua galega, tamén realizaron, entre outras actividades, unha visita guiada polo centro histórico de Monforte: logo de baixar ata a praza de España pola costa de Santo Domingo, seguiron pola rúa do Comercio, cruzaron a ponte vella e atravesaron Ramberde cara o edificio multiusos. A etapa monfortina do Correlingua rematou cun acto presentado polo gurpo Os parentes e coa actuación do grupo O Pito de Pikaso.
Roteiro de Manuel María en Monforte de Lemos:
Roteiro de Manuel María en Monforte de Lemos:
martes, 3 de mayo de 2016
Mes das Letras
A obra de Manuel María na biblioteca
Se queredes coñecer máis sobre o autor da Letras Galegas 2016 podedes realizar unha visita virtual a Casa Museo de Manuel María
jueves, 21 de abril de 2016
Marcapáxinas pola solidaridade
O equipo da biblioteca lanza esta proposta didáctica que xunta a celebración do Día do Libro coa sensibilización dos dereitos da infancia e a recadación de fondos para programas de supervivencia infantil
A actividade consiste na elaboración dun marcapáxinas e a exposición e venta dos mesmos. O Centro fará chegar a cantidade recadada a Save the Children
https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/docs/viii_marcapaxinas_a_prol_da_solidariedade.pdf
Un dos marcapáxinas feito polos alumnos/as de 1º ESO
lunes, 18 de abril de 2016
A lingua das bolboretas
SINOPSE
Finais do inverno de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de oito anos, incorpórase á escola por primeira vez, tras unha longa enfermidade. A partir dese momento comeza a súa aprendizaxe do saber da vida da man do seu amigo Roque e do seu peculiar mestre Don Gregorio, que lles inculca coñecementos tan variados como a orixe da pataca ou a necesidade de que as linguas das bolboretas teñan forma de espiral. O 18 de Xullo de 1936 todo romperá: empeza a guerra civil.
TEMÁTICA E OBXECTIVOS
O valor da educación
- Reflexionar sobre a importancia da educación nas nosas vidas.
- Valorar a educación obrigatoria como unha conquista histórica da xente sinxela e non como unha carga.
- Empatizar coa figura do mestre ou profesor, que entrega a súa vida aos demais.
O coñecemento da natureza
- Descubrir a natureza de forma lúdica.
- Fomentar o respecto polo medio ambiente e a biodiversidade.
- Recoñecer as calidades ambientais do medio onde vivimos.
viernes, 15 de abril de 2016
Semana do libro
A continuación pasamos a detallar o programa que se elaborou, desde o equipo da biblioteca para conmemorar a nosa Semana do Libro. Na próxima entrada veremos mostras de como foi o desenvolvemento da mesma:
- Proxección da pelicula "A língua das bolboretas"
- Lectura de contos:
- Alumnos/as de 1º e 2º de ESO (Xoves e Venres no 1º recreo)
- Profesores/as (Xoves no 2º recreo)
- Creación de relatos:
- Alumnos/as de ESO e Bacharelato do 19 ó 29 de abril nas clases de Lingua Galega e Lingua Castelá
- Mensaxes en botellas
- Alumnos/as de 1º B de ESO
- Concurso de marcadores
- Alumnos/as de ESO, FPB e Bacharelato
- Marcapáxinas pola solidaridade
- Alumnos de 1º e 2º de ESO
- VIII edición do marcapáxinas pola solidaridade Save the Children. Creación e venda dos marcadores
- Mural artístico: "Que é para ti un libro? (do 20 ó 29 de abril nas titorías)
- Acollida na Biblioteca:
- Novos alumnos/as para o curso 2016-2017 (Xoves 21 abril ás 16:30h)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




