A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

miércoles, 4 de febrero de 2015

Entroido

Observa Federico Cocho que "O Carnaval, o Entroido, é a festa das festas, todo un compendio de creativa espontaniedade, por unha banda, de repetición de seculares rituais e, por outro, o arquetipo de transgresión da orde habitual, da inversión de valores. Urbano e rural, algo terá o Carnaval para que resistise o paso de anos e séculos na vella Europa do Sur -no Norte o protestantismo tomouna coa cultura popular- e se teña fusionado coas culturas indíxenas latinoamericanas".

Dende o IES Cosme López tamén queremos celebrar esta "festa de festas" que na nosa contorna agroma cunha especial singularidade entre foliós, orellas, comadres e boteiros, toda unha comparsa de tradicións e cor que irrumpen entre as neves do inverno no noso país. Isas cores e esas tradicións foron tratados plasticamente nos murais que lucen iste curso polas paredes do centro.



Tamén a Biblioteca amosou as súas mellores galas entroideiras, sacando a luz diferentes ensaios sobre o Entroido en Galicia,como os de Federico Cocho ou Xesús Blanco Conde,  voltou aos clásicos co"Martes de Carnaval" de Valle-Inclán e puxo a nosa disposición fabulosos documentais  fotográficos para que disfrutemos con máis resoancias destas festa tan enxebre, tan nosa e tan universal.




No hay comentarios:

Publicar un comentario