A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 19 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 19 de maio celebración do día das Letras Galegas no patio do centro no segundo recreo.

Comezamos coa lectura dun poema do autor valdeorrés homenaxeado por parte de Ángel alumno de 1º de bacharelato.
Bocarribeira Valdeorresa

Espíu o monte a mortaxa.
Cataléptico no inverno
Volta á vida na Coresma
e viste de nazareno.

(Cantariñas costureiras,
con agarimo teceran
o manteliño morado
có que se enfeitou a serra).

Por fuxir do sol, a neve
...
                            
Presenta o acto Isabel  alumna de 1º de bacharelato. A continuación Denis le un poema de Florencio (Aprendin a choutar entr´as cepas). E termina o acto coa lectura doutro poema (Louvanzas de nomes enxebres) do autor por parte de Xabier

Aprendín a choutar entr´as cepas

Aprendín a choutar entr´as cepas
que recobren as terras cobrizas
co seu manto de seda esmeralda
en socalcos d´esgrevia fasquía.

Mineral lembranza
de aromas e tintas:
ouro claro no godello,
negra lousa no mencía.

Moza fresca que arranc-los acios
e escintilas na tona das uvas,
aloumiña tamén o meu peito
coas túas mans de lizgaira tenrura.

Cantas o teu canto
de cantiga muda,
no teu leito da cocarribeira,
do Barco e da Rúa. 

... 

Louvanzas de nomes enxebres

Volten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:
Non máis "Correjanes" nin "Vega Molinos";
sín Veiga Muiños e máis Correxais,
pois xa os "castrapismos" están por demáis.
Arriba Penouta e abaixo "Penota"
que é nome en "castrapo" e rima con "jota";
afora "Jagoaza", nome cacafónico,
adiante Xaguaza, enxebre i eufónico
...
Interpretación da adaptación instrumental da canción Terra do grupo Tanxugueiras. 
 Adaptación feita por Alba Hernández, profesora de música do centro

Interpretación polo alumnado do instituto


No hay comentarios:

Publicar un comentario