A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 5 de mayo de 2022


 

 




Xornada de acollida

O martes 3 de maio celebrouse a xornada de acollida do novo alumnado do IES Cosme López Rodríguez.

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e CEIP O Bolo chagaron ás portas do instituto ás 10:30 horas acompañados do director do primeiro dos centros e de dúas profesoras do segundo. Aquí foron recibidos pola directora e despois tres alumnos do centro interpretaron unha peza musical coas gaitas para darlles a benvida.

Rosa Mª, Roberto e Íker interpretan 

A continuación pasan ao Salón de Actos onde a orientadora do instituto aproveita para darlles unha pequena charla. Rematada a mesma os alumnos/as de primaria e os seus  profesores acompañantes fan un percorrido polas instalacións do instituto acompañados de Víctor.

Rematan a visita na biblioteca e unha entrevista a varios alumnos para un programa de Radio Onda Cosme. Alí gravaron un podcast que pódese escoitar no blog da radio da biblioteca. Eva e Iago estiveron como locutores e Miguel no control técnico.


Miguel no control técnico xunto a un grupo de alumnos de 6º de Primaria


Tamén participou Emilio o director do CEIP Manuel Respino

Máis información no blog da radio: https://radiocosme.blogspot.com/

Despois do paso polo estudo de radio celebran o tradicional partido de fútbol, despois de dous cursos sen poder facelo, que enfrontou ó alumnado de 6º de Primaria cos de 1º ESO. 

   

Contamos coa colaboración de Denis, Rubén, Eric e Berto na organización. Foi un momento de verdadeira convivencia entre todos eles. Un partido moi emocionante.

Alumnado de 6º Primaria

Foto de grupo de todos os alumnos diante dunha das oliveiras do instituto e  finalmente á cafetería, algo importante para ser atendidos amablemente por Carmen.

Rematar dicindo que esta acollida contou coa axuda e colaboración dun grupo de voluntarios da biblioteca.  Os gaiteiros, na gravación do vídeo, no estudo de radio e no partido de fútbol contamos co apoio dos voluntarios.  Os alumnos de 6º de Primaria tamén quixeron participar facendo algunhas das fotos no estudo de radio. Dar a grazas a todos eles.

Benvidos ó instituto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario