jueves, 21 de noviembre de 2024
jueves, 24 de octubre de 2024
Día das Bibliotecas
Cada ano desde 1997 celébrase O día das Bibliotecas para lembrar o incendio da biblioteca de Saraxevo en 1992, durante a Guerra dos Balcáns. O obxectivo é concienciar á sociedade sobre a importancia das bibliotecas como lugar de encontro e acceso libre á cultura e á educación.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as bibliotecas para acadar os obxectivos de desenvolvemento sostible. A través das súas coleccións, servizos e actividades con usuarios, as bibliotecas contribúen a construír unha sociedade cada vez mellor informada, máis igualitaria, solidaria e xusta, plenamente consciente da necesidade de levar un modo de vida sostible como compromiso coas xeracións futuras.
Como este ano as bibliotecas escolares de Galicia están dedicadas
ao teatro, para conmemorar este día, una parte do alumnado voluntario da biblioteca, de 2º ESO, fixo dúas pequenas
representacións teatrais. A primeira foi unha escena creada por María
José, profesora de Lingua Castelá e
versa sobre costumes e supersticións no teatro. A segunda foi o fragmento “¿No
también es un adverbio?”, que pertence á obra Unidos contra Drácula, do
escritor arxentino Luis María Pescetti.
martes, 4 de junio de 2024
O mércores 29 de maio vistaron o centro as familias dos novos alumnos/as de 1º ESO para o vindeiro curso 2024-2025.
As nais e pais fixeron un percorrido polas instalacións do instituto e unhas das paradas foi na biblioteca onde o coordinador da mesma entregoulles un triptico coa información dos programas e actividades que facemos na mesma destinados a toda a familia.
sábado, 1 de junio de 2024
Obradoiro de Lectura e Familias
O martes 21 de maio pola tarde realizamos un obradoiro dentro do programa Lectura e Familias. Este correu a cargo de Sonia Hermida, xornalista especialista no ámbito da educación.
Conversamos sobre como eliximos os libros que lemos e cales recomendarñiamos a outras persoa e porque.
jueves, 30 de mayo de 2024
Comezo a ler. Presentación.
Caixa dos libros.1
Novidades de biblio
Espazo de Radio Onda Cosme para presentara as últimas novidades de libros adquiridas pola biblioteca. Este é o noso primeiro programa.
martes, 21 de mayo de 2024
O pasado xoves 16 de maio pola mañá, os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino coñeceron o que será o seu instituto o vindeiro curso escolar.
No Salón de Actos tres alumnos de 2ºB ESO (voluntarios da biblioteca) interpretaron dúas pezas musicais coa gaita, dándolles así a benvida.
A continuación, o alumnado fixo un percorrido polo centro guiados polo que será seu titor en 1ºESO.
En primeiro lugar entran no Polo Creativo onde a súa responsable ensina os equipos que temos e o uso que facemos dos mesmos.
Polo Creativo |
Despois àsan ao Taller de Tecnoloxía, onde observan e poñen en funcionamentos algúns dos traballos expostos.
Deseguido fixeron unha pequena parada na Aula de Música, onde foron recibidos pola profesora da materia.
Na Aula de Música con alumnos de 4ºESO |
Subiron ao segundo andar para visitar o Laboratorio de Ciencias Naturais onde xogaron en parellas no recoñecemento de rochas e minerais e despois pasar polos Laboratorios de Física e Química.
Baixamos ao primeiro piso e continuamos a visita polas Aulas de Plástica, Orientación e a Biblioteca.
Na Aula de Plástica coa profesora Visita á biblioteca |
Aquí fixeron unha parada máis longa na que aproveitamos para xogar ao xadrez, xogos de mesa ou para gravar un podcast no estudio da radio da biblio (Radio Onda Cosme).
Despois de coñecer a biblioteca baixamos ao Pavillón a xogar o desexado e esperado partido de fútbol entre os alumnos de 6º Educación Primaria e 1º ESO. Axudan na organización do partido voluntarios da biblioteca.
Alumado de 6º Educación Primaria |
Alumnado de 6º E, Primaria e de 1º ESO |
Na porta do instituto foron despedidos pola futura directora do centro.
Ata setembro!
Para escoitar o podcast coa entrevista ós alumnos de 6ºEducación Primaria do CEIP Manuel Respino ir a seguinte ligazón do blog da Radio da biblioteca: