A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 25 de mayo de 2021


A radio Onda Cosme da biblioteca mantén unha actividade frenética en todos os recreos   
O alumnado de 4ºA ESO son os que máis podcasts están a gravar
Todos os podcast da Radio Onda Cosme da biblioteca no blog 
https://radiocosme.blogspot.com

Continuamos coas actividades programadas no Mes das Letras na biblioteca.

IV Campionato de Xadrez da biblioteca

Dúas novas xornadas do IV Campionato de Xadrez da biblioteca celebráronse no patio exterior do instituto. Con elas comezan os enfrontamentos de cuartos de final.

O luns 24 de maio tivemos as partidas entre Aitor e Noa, Rubén Rodero contra Álex e na última xogou Pablo contra Brais. Resultando gañadores Aitor, Rubén e Pablo.


                              

A segunda xornada tivo lugar o martes 25 coas partidas entre Manolo e Ricardo Da Silva e a que enfrontou a Simón contra Sergio. Pasan a segunda fase Manolo e Sergio.
                      
E tivemos as primeiras das partidas que xogará César o profesor de Educación Física contra alumnos. Nesta primeira enfrontouse a Pablo Sanz

miércoles, 19 de mayo de 2021

 

Día das Letras Galegas


Exposición de libros de escritores homenaxeados nas Letras Galegas nos últimos anos.



Xela Arias 



Letras Galegas 2021


No segundo programa de "A crónica",  noticiario realizado por alumnos/as de 4ºA ESO, está dedicado na súa maior parte ao Día das Letras Galegas e a Xela Arias a escritora homenaxeada este ano.  
Podedes escoitar o podcast desta crónica no blog de Radio Onda Cosme:  https://radiocosme.blogspot.com/

Tamén tedes a posibilidade de escoitar no blog da radio o podcast cos Centóns feitos cos poemas de Xela Arias polo alumnado de 1º e 2º de ESO.

sábado, 15 de mayo de 2021

 

IV CAMPIONATO DE XADREZ DA BIBLIOTECA


O venres 14 de maio celebramos no patio exterior do instituto as primeiras partidas de xadrez.




Enfrontamento entre Mateo e Pablo, Sainza e Manolo, e Jorge e Nicolás Terán. Os gañadores foron Pablo, Manolo e Nicolás Terán.

       

A partida que enfronta a Brais Macía e Ricardo continuará o mércores 19 de maio.

O martes 18 tivemos a segunda xornada do campionato de xadrez.

Enfrontáronse Elías e Joel, Alex e Lucas, Simón contra Aitor e Brais Murias contra Rubén Rodero. Os gañadores foron Elias, Álex, Aitor e Rubén Rodero.

Terceira xornada do campionato o mércores 19 de maio.


Enfrontamentos entre Xabier e Noa, Brais Macía e Ricardo Rodríguez, Rubén Sanz e Ricardo da Silva, Nicolás Fernández e Sergio. Os gañadores destas partidas foron Noa, Brais, Ricardo Da Silva e Sergio.