A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 29 de junio de 2021

  A biblioteca recomenda... 

                          ...para o verán






A  biblioteca recomenda...

Programa de Radio Onda Cosme onde recomendamos os últimos libros adquiridos pola biblioteca. Novidades para ler durante as vacacións de verán.

O podcast o podedes escoitar no blog da radio: https://radiocosme.blogspot.com/

Benvida ós novos alumnos

Recibimos a un grupo de novos alumnos/as de 6º de Educación Primaria que o vindeiro curso estarán no instituto.

Foron recibidos nas portas do instituto pola directora do centro, dándolles a benvida en nome de toda a comunidade educativa.


Fixeron unha vista ás instalacións do centro acompañados por Charo, a directora, e por Víctor que será o seu titor en 1º ESO. 

viernes, 25 de junio de 2021


IV Concurso de fotografía da biblioteca





1ª Categoría (ESO e FPBásica)               2 ªCategoria (Bacharelato) 

       
        Noa Estévez                                              Pablo Sanz                                                      




jueves, 24 de junio de 2021

A radio da biblioteca xa ten logo!!
Logo creado por Iria e Viky

Radio Onda Cosme
                                                                  
                                      

martes, 22 de junio de 2021


 


Entrega dos premios da biblioteca

O martes 22 de xuño entregáronse os agasallos os participantes no IV Campionato de Xadrez e o premio ao gañador, Pablo Sanz de 1ºBAC.

Pablo Sanz





Chaveiros feitos na impresora 3D que recibiron de agasallo os participantes no trofeo de xadrez da biblioteca.



                         
                          Noa Estévez                                    Pablo Sanz                                                  

Tamén entregamos os premios do IV Concurso de Fotografía correspondentes as dúas categorías, que foron para Noa Estévez de 4ºA e Pablo Sanz de 1ºBAC.


E por último, recibiron un agasallo as dúas alumnas de 3ºB creadoras do logo da radio da biblioteca, Viky Ausín e Iria Pérez.





         Viky e Iria

       

lunes, 14 de junio de 2021

Lectura ao aire libre

         

Alumnos/as de 1ºB ESO teñen un momento de lectura ao aire libre na materia de Lingua Galega.

A escritora Ledicia Costas cos alumnos do IES Cosme López

Encontro en liña cos participantes no Club de lectura de 1º e 2º ESO no Salón de Actos.

           

Máis información no blog do Club de lectura: https://clublecturacigurrios.blogspot.com/

martes, 8 de junio de 2021

A final do campionato de xadrez da biblioteca enfronta a Pablo Sanz e Sergio Fernández

GAÑADOR DO IV CAMPIONATO DE XADREZ
PABLO SANZ (1º BACHARELATO)

lunes, 7 de junio de 2021

A escritora Antía Yáñez cos alumnos do IES Cosme López

Entrevista en Onda Cosme, a radio da biblioteca, e a continuación encontro en liña cos participantes no Club de lectura de 3º e 4º ESO no Salón de Actos.

       
Máis información nos blogs:  do Club de lectura https://clublecturacigurrios.blogspot.com/ e no da radio

Benvida ós novos alumnos

Un ano máis recibimos ós alumnos de 6º de Educación Primaria que o vindeiro curso estarán no instituto, estaban acompañados polos seus titores Vicente e Pablo, e por Elena, a orientadora de Primaria.

Foron recibidos nas portas do instituto polo equipo directivo do centro, dándolles a benvida en nome de toda a comunidade educativa.

Fixeron unha vista ás instalacións do centro acompañados por Noa, a orientadora do instituto, e por Víctor que será o seu titor en 1º ESO. 

Nesta visita reailzaron unha parada na biblioteca e participaron na gravación dun programa de Radio Onda Cosme.

                                      

Un grupo de voluntarios da biblioteca de 4ºA ESO foron os encargados da realización do programa. Nos micros estiveron Eva e Isabel, mentres que o control correu a cargo de Miguel e Denis.

Diante dos micros da radio da biblioteca pasaron alumnos do CEIP Manuel Respino e do CEIP O Bolo que responderon ás preguntas que lles fixeron os voluntarios.

    



Na biblioteca esperando para falar na radio

Máis información no blog da radio: https://radiocosme.blogspot.com/

jueves, 3 de junio de 2021

miércoles, 2 de junio de 2021

IV Campionato de xadrez da biblioteca

Continuamos celebrando as partidas deste campionato de xadrez da biblioteca no patio exterior do instituto. Actividade coordinada por Sergio Fernández e coa axuda de Iago Gómez. Ambos voluntarios da biblioteca.

Mentres os voluntarios de 1º Bacharelato coa axuda da profesora de Tecnoloxía están preparando na impresora 3D os premios e un pequeno agasallo para todos ós participantes neste torneo de xadrez.

 Libros que teñen o xadrez coma protagonista