A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 7 de junio de 2021

Benvida ós novos alumnos

Un ano máis recibimos ós alumnos de 6º de Educación Primaria que o vindeiro curso estarán no instituto, estaban acompañados polos seus titores Vicente e Pablo, e por Elena, a orientadora de Primaria.

Foron recibidos nas portas do instituto polo equipo directivo do centro, dándolles a benvida en nome de toda a comunidade educativa.

Fixeron unha vista ás instalacións do centro acompañados por Noa, a orientadora do instituto, e por Víctor que será o seu titor en 1º ESO. 

Nesta visita reailzaron unha parada na biblioteca e participaron na gravación dun programa de Radio Onda Cosme.

                                      

Un grupo de voluntarios da biblioteca de 4ºA ESO foron os encargados da realización do programa. Nos micros estiveron Eva e Isabel, mentres que o control correu a cargo de Miguel e Denis.

Diante dos micros da radio da biblioteca pasaron alumnos do CEIP Manuel Respino e do CEIP O Bolo que responderon ás preguntas que lles fixeron os voluntarios.

    



Na biblioteca esperando para falar na radio

Máis información no blog da radio: https://radiocosme.blogspot.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario