A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.
lunes, 19 de octubre de 2026
A BIBLIOTECA
CELEBRA
O SEU DÍA
VENRES 23 DE OUTUBRO
2º RECREO
NA BIBLIOTECA
O ALUMNO C. A. DE 2º DE BACHARELATO,
COLABORA COA INTERPRETACIÓN AO PIANO ELECTRÓNICO DO TEMA MUSICAL HAMMER OF JUSTICE PERTENCENTE Á B.S. O. DO VIDEOXOGO DELTARUNE, COMPOSTA POR TOBY FOX.
domingo, 18 de octubre de 2026
martes, 29 de septiembre de 2026
A NOSA BIBLIOTECA
CURSO
2026-2027
PLAMBE
VOLUNTARIOS
RADIO NA BIBLIO
CLUB DE LECTURA
REDE DE CENTROS "PONTE... NAS ONDAS!"
PARA FACERSE VOLUNTARIO IR AO BLOG DOS VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA:
O mércores 20 de maio recibimos no IES Cosme López Rodríguez ós alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e do CEIP O Bolo.
No seu percorrido polas instalacións do centro os alumnos fixeron unha visita á biblioteca onde coñeceron os fondos bibliográficos e disfrutaron dos xogos de mesa. Aproveitamos no estudio da radio da biblio a gravar un podcast con algúns dos alumnos/as e cos responsables de ambos centros educativos.
E o luns 25 de maio visitaron o IES Cosme López Rodríguez ás familias dos alumnos/as de 6º Educación Primaria de diferentes centros da comarca. Na visita á biblioteca recibiron un tríptico con información das actividades da biblioteca.
viernes, 15 de mayo de 2026
Letras Galegas 2026
O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas.
O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os departamentos de Lingua Galega, Música, Latín e o Equipo da Biblioteca, organizaron os actos de homenaxe a Begoña Caamaño.
No segundo recreo, na Biblioteca, tivemos unha lectura de textos de Begoña Caamaño do seu libro Morgana en Esmelle por parte do alumnado de 3ºESO B: J. R. R., I. D. A., C. N. S. e I. T. S.
Vídeo do acto na biblioteca:
Posteriormente, no salón de actos, fíxose a segunda parte da celebración, coa lectura de textos e a interpretación de varias temas musicais.
Letras Galegas 2026
Begoña Caamaño. Tecendo palabras para cambiar o mundo.
Mostra de libros de Begoña Caamaño
Begoña Caamaño é absoluta protagonista de varias publicacións, contos, biografías, reedicións e outros exemplares que as editoriais publicaron para dar a coñecer á homenaxeada no día das letras. Unha mostra das mesmas están expostas na entrada da biblioteca.