A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 4 de junio de 2024


 O mércores 29 de maio vistaron o centro as familias dos novos alumnos/as de 1º ESO para o vindeiro curso 2024-2025. 

As nais e pais fixeron un percorrido polas instalacións do instituto e unhas das paradas foi na biblioteca onde o coordinador da mesma entregoulles un triptico coa información dos programas e actividades que facemos na mesma destinados a toda a familia.

A BIBLIOTECA INFORMA...

Publicamos o número 5 coas novidades de libros adquiridos pola biblioteca.


sábado, 1 de junio de 2024

Obradoiro de Lectura e Familias

LIBROS PARA DESPOIS DA APOCALIPSE

O martes 21 de maio pola tarde realizamos un obradoiro dentro do programa Lectura e Familias. Este correu a cargo de  Sonia Hermida, xornalista especialista no ámbito da educación.

Conversamos sobre como eliximos os libros que lemos e cales recomendarñiamos a outras persoa e porque.


Máis información no blog de Lectura e familias:
https://bibliotecaenfamilia.blogspot.com/