A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 21 de abril de 2016

Marcapáxinas pola solidaridade


O equipo da biblioteca lanza esta proposta didáctica que xunta a celebración do Día do Libro coa sensibilización dos dereitos da infancia e a recadación de fondos para programas de supervivencia infantil
A actividade consiste na elaboración dun marcapáxinas e a exposición e venta dos mesmos. O Centro fará chegar a cantidade recadada a Save the Children




https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/docs/viii_marcapaxinas_a_prol_da_solidariedade.pdf

Un dos marcapáxinas feito polos alumnos/as de 1º ESO





Contar contos

Animar a ler desde a oralidad:

Traballar a linguaxe e a expresión oral: contar contos








lunes, 18 de abril de 2016

A lingua das bolboretas

SINOPSE

Finais do inverno de 1936. Nun pequeno pobo galego, Moncho, un neno de oito anos, incorpórase á escola por primeira vez, tras unha longa enfermidade. A partir dese momento comeza a súa aprendizaxe do saber da vida da man do seu amigo Roque e do seu peculiar mestre Don Gregorio, que lles inculca coñecementos tan variados como a orixe da pataca ou a necesidade de que as linguas das bolboretas teñan forma de espiral. O 18 de Xullo de 1936 todo romperá: empeza a guerra civil.

TEMÁTICA E OBXECTIVOS

O valor da educación

  • Reflexionar sobre a importancia da educación nas nosas vidas.
  • Valorar a educación obrigatoria como unha conquista histórica da xente sinxela e non como unha carga.
  • Empatizar coa figura do mestre ou profesor, que entrega a súa vida aos demais.

O coñecemento da natureza

  • Descubrir a natureza de forma lúdica.
  • Fomentar o respecto polo medio ambiente e a biodiversidade.
  • Recoñecer as calidades ambientais do medio onde vivimos.

O manto da historia

  • Aprender a analizar a historia de forma analítica.
  • Coñecer a importancia do contexto histórico no devir de cada persoa.
  • Atopar nas xeracións pasadas, recursos, solucións e pistas para comprender mellor o noso mundo e poder así, melloralo.





viernes, 15 de abril de 2016

Semana do libro

A continuación pasamos a detallar o programa que se elaborou, desde o equipo da biblioteca para conmemorar a nosa  Semana do Libro. Na próxima entrada veremos mostras de como foi o desenvolvemento da mesma:

  • Proxección da pelicula "A língua das bolboretas"
  • Lectura de contos:
    • Alumnos/as de 1º e 2º de ESO (Xoves e Venres no 1º recreo)
    • Profesores/as (Xoves no 2º recreo)
  • Creación de relatos:
    • Alumnos/as de ESO e Bacharelato do 19 ó 29 de abril nas clases de Lingua Galega e Lingua Castelá
  • Mensaxes en botellas
    • Alumnos/as de 1º B de ESO
  • Concurso de marcadores
    • Alumnos/as de ESO, FPB e Bacharelato
  • Marcapáxinas pola solidaridade
    • Alumnos de 1º e 2º de ESO
    • VIII edición do marcapáxinas pola solidaridade Save the Children. Creación e venda dos marcadores
  • Mural artístico: "Que é para ti un libro? (do 20 ó 29 de abril nas titorías)
  • Acollida na Biblioteca:
    • Novos alumnos/as para o curso 2016-2017 (Xoves 21 abril ás 16:30h)