A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 24 de diciembre de 2019

Chegou o Nadal!
 
Felicitación de Nadal dos Voluntarios da biblioteca e do equipo de profesores

Chegou o Nadal!

O xoves 19 de decembro os voluntarios da biblioteca gravamos o video de felicitación do Nadal. 



Grazas voluntarios!




Chegou o Nadal!

O venres 22 celebramos o Festival de Nadal no salón de actos do noso centro educativo. Os voluntarios da biblioteca colaboramos facendo as fotos.




 A volta das vacacións de Nadal veremos as fotos feitas e editadas polos voluntarios da biblioteca

jueves, 19 de diciembre de 2019

Chegou o Nadal! 


Árbore de Nadal 2016




Árbore de Nadal



Árbore de Nadal 2017












Árbore de Nadal  2018

Árbore de Nadal 2019




domingo, 15 de diciembre de 2019

Chegou o Nadal!




A biblioteca recibe ao Nadal cunha decoración especial e unha exposición de novidades  de libros de música, matemáticas, ciencia... , moitas  suxestions  para ós agasallos  de Nadal.


















Nacemento da biblioteca



  
Decoración da árbore de Nadal polos voluntarios da biblioteca                


Árbore de Nadal da biblioteca



lunes, 25 de noviembre de 2019

             Non á violencia de xénero


Na biblioteca do instituto celebramos o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, de xeito especial.





Mostramos na entrada da biblioteca “O libro contra a violencia de xénero” cheo de mensaxes reclamando á sociedade que non cale ante a violencia ás mulleres.






Hai que berrar alto: Non á violencia!  














Nas escaleiras do primeiro andar colocouse un mural




lunes, 18 de noviembre de 2019

Campionato de xadrez

III Campionato de xadrez

na biblioteca




 Os interesados en participar deberán apuntarse na biblioteca ou falar con Sergio Fernández (Coordinador da actividade) ata o día 19 de decembro de 2019. As parellas de contrincantes escolleranse mediante sorteo. O torneo contará con dous premios (primeiro e segundo) de cheque-agasallo canxeable en material deportivo ou librerías. Ademais do diñeiro os dous finalistas recibirán tamén un trofeo.
Samaín




O relatos de medo foron os protagonistas  na celebración do Samaín na biblioteca 


 

Relatos de medo en 1º B de ESO





Lectura dos relatos de medo creados polos alumnos de 1º B de ESO  na clase de Lingua e Literatura Galega






Hora de Ler

Hora de Ler

Seguimos coa hora semanal de lectura silenciosa nos curso de ESO e FPBásica


 







lunes, 4 de noviembre de 2019

Día da Biblioteca
   
O pasado 24 de outubro conmemoramos este día na nosa biblioteca e marcamos o inicio das actividades da biblioteca do curso 2019/2020. 
Para celebrar esta data tivemos unhas actuacións musicais e a lectura do pregón por parte dos voluntarios da biblioteca. Mostra do desenvolvido durante este acto é o vídeo gravado e montado tamén por un voluntario.

viernes, 25 de octubre de 2019

Un mundo de lecturas



Atrévete a ler!

Con este vídeo principiamos unha serie de actividades de fomento da lectura na comunidade educativa do noso centro.

jueves, 24 de octubre de 2019

Entrega dos diplomas ó alumnado voluntario da biblioteca do curso 2018-2019
NO SALÓN DE ACTOS

Voluntarios da biblioteca de 1º de Bacharelato do curso 2018-2019
O resto de fotos do acto aparecen no blog dos voluntarios da biblioteca







Bibliocosme






Comezan as actividades na biblioteca do curso 2019-2020


Cartel do curso 2019-2020





Día da biblioteca



 24 de outubro





Desde o ano 1997 a Asociación de Amigos do libro Infantil e Xuvenil promove a celebración o 24 de outubro o Día da Biblioteca. O obxectivo desta data é concienciar á sociedade da importancia da lectura e un agradecemento ao traballo dos bibliotecarios.

Cada ano encárgase a un escritor e un ilustrador, a composición do pregón escrito este ano por Gemma Pasqual da Biblioteca central de Gandía (Valencia) e a ilustración do cartel realizado por Miguel Calatayud.

Na biblioteca do IES Cosme López Rodríguez organizamos un acto ás 12:10 da mañá para conmemorar este día festivo.

Interpretación da Muiñeira de Lugo

Nas gaitas: Roberto Álvarez, Sheila Vila, Rosa Mª Carriba, Merecedes Álvarez e María Díaz




Lectura do pregón do día da biblioteca
                             

Sofía Álvarez e Brais Murias de 1º B ESO















Interpretación de Perfect ao violín  

Julia Fernández











Interpretación da Marcha do Antigo reino de Galiza por un grupo de gaiteiras: María Díaz, Merecedes Álvarez e María Blanco