A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 21 de febrero de 2023

                                  Debuxo feito por Alexia (1ªBAC)
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
NA BIBLIOTECA
23 e 24 de febreiro
Xoves 23 de febreiro

1º recreo:

Alborada na biblioteca con Martín Porto. Interpretación coa gaita a "Xota e muiñeira de Forcarei" e "Fandango para Leirado e Xuliño".

Presentación da celebración.

2º recreo:

O alumnado de 2º de Bacharelato fará lectura de poemas de elaboración propia.
 

Venres 24 de febreiro

1º recreo:

Alborada na biblioteca co coro de alumnos/as de 3º ESO. Interpretación da adaptación musical feita por Alba Hernández da canción "Adiós ríos, adiós fontes" de Amancio Prada.

O alumnado de 2º de Bacharelato fará lectura de poemas de elaboración propia.

2º recreo:

Lectura da obra da escritora por parte do alumnado de 1ºESO.


Exposición dunha selección de libros da escritora na biblioteca.

martes, 14 de febrero de 2023


ENTROIDO NO COSME

16 e 17 de febreiro

Os bombos e as aixadas traen consigo o Entroido un ano máis

Na biblioteca: exposicións

No patio exterior: folións






             
 Cada vez somos máis

    
   A canteira dos folións

                                                   
    
O Entroido no Cosme

ENTROIDO NA BIBLIOTECA

Exposición de Máscaras do Entroido ourensá realizada polos alumnos e alumnas de 1ºB ESO 



lunes, 13 de febrero de 2023

                               Debuxo feito por Iria (1ºBAC)

 

 

 

 

13 de febreiro

Radio e Paz

viernes, 10 de febrero de 2023

Día Mundial da Radio

Luns 13 de febreiro

Proclamado en 2011 polos Estados Membros da UNESCO e adoptado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional.

Estudio de Radio Onda Cosme

O tema da 12ª edición do Día Mundial da Radio, que se celebrará o 13 de febreiro de 2023 , e "Radio e Paz".

A radio pode alimentar os conflitos, pero en realidade a radio profesional modera os conflitos e/o as tensións, impedindo a súa escalada ou propiciando conversacións de reconciliación e reconstrución.

En contextos de tensións afastadas ou inmediatas, os programas pertinentes e os informativos independentes sentan as bases dunha democracia sostible e unha boa gobernanza, ao reunir probas sobre o que está a ocorrer, informar os cidadáns respecto diso en termos imparciais e baseados en feitos. (*)

(*) Fonte UNESCO

martes, 7 de febrero de 2023


Con esta actividade principiamos coas actividades do Mes da Radio na biblioteca, do 3 de febreiro ata o 3 de marzo.
 

 

 


 

 

  

 Radio Voz Escolar

 

 

Charla na biblioteca

Charla sobre a radio na biblioteca

                     

O venres 3 de febreiro algúns dos voluntarios da biblioteca que colaboran na súa radio, xuntáronse na biblioteca para recibir unha charla sobre a radio, previa a gravación dun programa para Radio Voz.  Antía Díaz, xefa de programas de Radio Voz foi a encargada de falarlles os voluntarios na radio.


Gravación do programa no estudio da radio na biblio

A continuación, parte dos voluntarios trasladáronse ata o estudio de Radio Onda Cosme para gravar un programa para Radio Voz Escolar.

Alumnos de 1º ESO e 2º BAC realizaron o programa. Asistindo como espectadores voluntarios de varios cursos.


A emisión do programa da radio escolar realizouse a través do programa "La tarde es tuya" de Radio Voz (Dial 97,9 FM), o xoves 9 de febreiro ás 16:00 horas.

Máis información no blog da radio da biblioteca:

https://radiocosme.blogspot.com/