A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 19 de mayo de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O xoves 19 de maio celebración do día das Letras Galegas no patio do centro no segundo recreo.

Comezamos coa lectura dun poema do autor valdeorrés homenaxeado por parte de Ángel alumno de 1º de bacharelato.
Bocarribeira Valdeorresa

Espíu o monte a mortaxa.
Cataléptico no inverno
Volta á vida na Coresma
e viste de nazareno.

(Cantariñas costureiras,
con agarimo teceran
o manteliño morado
có que se enfeitou a serra).

Por fuxir do sol, a neve
...
                            
Presenta o acto Isabel  alumna de 1º de bacharelato. A continuación Denis le un poema de Florencio (Aprendin a choutar entr´as cepas). E termina o acto coa lectura doutro poema (Louvanzas de nomes enxebres) do autor por parte de Xabier

Aprendín a choutar entr´as cepas

Aprendín a choutar entr´as cepas
que recobren as terras cobrizas
co seu manto de seda esmeralda
en socalcos d´esgrevia fasquía.

Mineral lembranza
de aromas e tintas:
ouro claro no godello,
negra lousa no mencía.

Moza fresca que arranc-los acios
e escintilas na tona das uvas,
aloumiña tamén o meu peito
coas túas mans de lizgaira tenrura.

Cantas o teu canto
de cantiga muda,
no teu leito da cocarribeira,
do Barco e da Rúa. 

... 

Louvanzas de nomes enxebres

Volten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:
Non máis "Correjanes" nin "Vega Molinos";
sín Veiga Muiños e máis Correxais,
pois xa os "castrapismos" están por demáis.
Arriba Penouta e abaixo "Penota"
que é nome en "castrapo" e rima con "jota";
afora "Jagoaza", nome cacafónico,
adiante Xaguaza, enxebre i eufónico
...
Interpretación da adaptación instrumental da canción Terra do grupo Tanxugueiras. 
 Adaptación feita por Alba Hernández, profesora de música do centro

Interpretación polo alumnado do instituto


ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2ºBACHARELATO

Alumnado de 2ºBacharelato. 

O mércores 18 de maio ás 20:00 horas no Salón de Actos do instituto celebrouse a graduación dos alumnos de 2º Bacharelato. A maioría destes alumnos/as exerceron de voluntarios da biblioteca durante varios cursos. Neste último curso Elias e Pablo colaboraron coas actividades da biblioteca.

 Elias e Pablo xunto ao coordinador da biblioteca

FLORENCIO

DELGADO

GURRIARÁN


TESOURO

DE LEMBRANZAS




Presentación da exposición de carteis da guía didáctica sobre Florencio Delgado Gurriarán

A directora do IES, o secretario xeral de Política Lingüística, a xefa territorial de Ourense e Ricardo Gurriarán en representación da familia.

As fillas de Florencio, o presidente do IEV Aurelio Branco Trincado, Débora Álvarez e Xulio Pérez, autores da guía
                                                
Lectura de poemas por parte do alumnado de 2º Bacharelato


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

Débora Álvarez, autora da guía

Interpretación da adaptación instrumental de Terra do grupo Tanxugueiras

Ao finalizar o acto un grupo de alumnos/as do instituto interpretaron esta adaptación con instrumentos tradicionais galegos como son as gaitas, as pandeiretas e o tamboril, tan presentes na nosa comarca grazas ao traballo das bandas de música e cos bombos como representación da tradición xenuina dos folións do Entroido da comarca de Valdeorras e do Bolo. Esta adaptación fíxoa Alba Hernández, profesora de música do centro. 

jueves, 5 de mayo de 2022

Debuxo feito por Noa Estévez

As letras de Florencio 

Chega a festa das letras a Valdeorras
Córgomo homenaxea a un fillo
A biblioteca do IES Cosme López Rodríguez prepárase para celebralo
 


 

 




Xornada de acollida

O martes 3 de maio celebrouse a xornada de acollida do novo alumnado do IES Cosme López Rodríguez.

Os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e CEIP O Bolo chagaron ás portas do instituto ás 10:30 horas acompañados do director do primeiro dos centros e de dúas profesoras do segundo. Aquí foron recibidos pola directora e despois tres alumnos do centro interpretaron unha peza musical coas gaitas para darlles a benvida.

Rosa Mª, Roberto e Íker interpretan 

A continuación pasan ao Salón de Actos onde a orientadora do instituto aproveita para darlles unha pequena charla. Rematada a mesma os alumnos/as de primaria e os seus  profesores acompañantes fan un percorrido polas instalacións do instituto acompañados de Víctor.

Rematan a visita na biblioteca e unha entrevista a varios alumnos para un programa de Radio Onda Cosme. Alí gravaron un podcast que pódese escoitar no blog da radio da biblioteca. Eva e Iago estiveron como locutores e Miguel no control técnico.


Miguel no control técnico xunto a un grupo de alumnos de 6º de Primaria


Tamén participou Emilio o director do CEIP Manuel Respino

Máis información no blog da radio: https://radiocosme.blogspot.com/

Despois do paso polo estudo de radio celebran o tradicional partido de fútbol, despois de dous cursos sen poder facelo, que enfrontou ó alumnado de 6º de Primaria cos de 1º ESO. 

   

Contamos coa colaboración de Denis, Rubén, Eric e Berto na organización. Foi un momento de verdadeira convivencia entre todos eles. Un partido moi emocionante.

Alumnado de 6º Primaria

Foto de grupo de todos os alumnos diante dunha das oliveiras do instituto e  finalmente á cafetería, algo importante para ser atendidos amablemente por Carmen.

Rematar dicindo que esta acollida contou coa axuda e colaboración dun grupo de voluntarios da biblioteca.  Os gaiteiros, na gravación do vídeo, no estudo de radio e no partido de fútbol contamos co apoio dos voluntarios.  Os alumnos de 6º de Primaria tamén quixeron participar facendo algunhas das fotos no estudo de radio. Dar a grazas a todos eles.

Benvidos ó instituto!


lunes, 2 de mayo de 2022

  

A festa das letras. A festa da palabra

A biblioteca do instituto do 22 de abril ata o 20 de maio oragniza unha serie de actividades para celebra o Día Mundial do libro e o das Letras Galegas.

"Velaí o libro: unha faísca de memoría do mundo"

23 de abril      Día Mundial do libro

 
Participación no IV Concurso de Podcasts- Radio na biblio
Gravación do podcast de Florencio Delgado Gurriarán que enviamos ao concurso de podcasts

Miguel
Noa
Xabier

 
Espazo Cómic
 
Inaguramos a decoración da sala da biblioteca dedicada ao mundo da banda deseñada.