SERVIZO DE PRÉSTAMO DE LIBROS E OUTROS MATERIAIS
SERVIZO DE PRÉSTAMO
O servizo de préstamo de libros ou outros materiais realizarase mediante cita previa por un destes medios:
1.- Completando o cuestionario que aparece na parte dereita deste blog.
ou
2.- Enviando un correo electrónico: servizoprestamo.bibliocosme@gmail.com
Por correo electrónico informarase á persoa solicitante do préstamo si o libro xa está en préstamo ou si o título encóntrase dispoñible.
No caso de estar dispoñible;
.- Para recoller o préstamo estableceranse quendas para que non coincidan alumnos de diferentes cursos no mesmo espazo.
.- Indicarase a data na que poder recoller o tÍtulo solicitado.
O usuario poderá prorrogar ou devolver o libro tres días antes de que remate o prazo de entrega do préstamo.
SERVIZO DE PRÓRROGA
Cando o usuario desexe ampliar o prazo de préstamo, tamén o solicitará por medio telemático.
SERVIZO DE DEVOLUCIÓN
O servizo de devolución do préstamo realizarase por medio de cita previa seguindo o mesmo procedemento que o préstamo.