A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 19 de diciembre de 2014

Bo Nadal e Feliz 2015!

Dende a Biblioteca do IES Cosme López Rodríguez queremos desexarvos un Bo Nadal e un Feliz Aninovo cheo de felicidade, prosperidade e moitas boas lecturas. PD. Esta postal de Nadal foi realizada por Laura Ferreira coa axuda do seu coidador Anxo.

miércoles, 17 de diciembre de 2014

Recomendacións da Biblioteca para este Nadal



A biblioteca ven de editar o primeiro triptico de recomendacións lectoras para este Nadal. Escolle a túa lectura.

¡O equipo de biblioteca deséxavos felices festas e un novo ano cheo de alegrías e boas lecturas.!



domingo, 14 de diciembre de 2014

Platero y yo.

Cúmprense cen anos da públicación de Platero y yo, una de las obras más traducidas de la Letras Hispanas que pode servir como ponte entre a literatura infantil e a alta literatura.




Para facer boca deixamosvos un programa de La Estación Azul adicado a esta obra universal de Juan Ramón Jiménez.




miércoles, 10 de diciembre de 2014

Vita Brevis



O profesor de Filosofía propón unha lectura complementaria para @s alumn@s de 2º de bacherelato. Trátase dunha pequena novela epistolar escrita por Jostein Gaarner onde amosa unha visión da vida de Santo Agustiño de Hipona dende o punto de vista da súa compañeira, Flora Emilia. Unha lectura que nos ofrece unha interpretación moi interesante dende o punto de vista de xénero sobre aquelos apaixoantes tempos que configuraron a Patristica.

Na biblioteca tedes a vosa disposición varios exemplares así como tamén podedes perdir un exemplar electrónico en versión portuguesa no endrezo electrónico oprofedefilo@gmail.com.

martes, 2 de diciembre de 2014

Celebración do Día da Música.

Decía José Ángel Valente que para comprender en toda a súa fondura o fenómeno artítco teríamos que comprender primeiro unha sorte realidade subterranea de vasos comunicantes que fai que, no fondo, todas as artes estean íntimamente intercomunicadas.

Así sucede no caso da Literatura e da Música e ,por iso, o Departamento de Música organizou xunto con esta Biblioteca unha exposición onde se amosa isa frondosa vencindade entre estas dous artes. Se tedes a ben de deixarvos tentar polos agarimos das melodías e as verbas, podedes tentarvos con títulos expostos no recibidor do noso colexio.