A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 18 de mayo de 2023


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2023

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO NA BIBLIOTECA
.- Parte da descrición do paso de Francisco Fernández del Riego por Valdeorras na viaxe que narra no seu libro Galicia.

.- Exposición de libros do escritor homenaxeado neste ano.
  • VERSOS ILUSTRADOS
Exposición das ilustracións imaxinadas trala lectura dos versos de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas 2022.
Grupo de traballo das bibliotecas: CEIP Bibei de Viana do Bolo, CEIP Condesa de Fenosa de O Barco de Valdeorras, CEIP Julio Gurriarán de O Barco de Valdeorras, IES Martaguisela de O Barco de Valdeorras, IES Cosme López Rodríguez de A Rúa, IES Xermán Ancochea Quevedo de A Pobra de Trives e coa colaboración do IES Celanova CEF de Celanova.
O IES Cosme López Rodríguez ilustrou o poema A Cadea con debuxos feitos por alumnos de 1º ESO e 1º Bacharelato no curso 2021-2022, despois dunha escolla dos traballos feitos nos diferentes grupos do centro.


  • NOVIDADES DAS NOSAS LETRAS

jueves, 11 de mayo de 2023

A BIBLIOTECA EN FAMILIA
Obradoiro espectáculo de Soledad Felloza o día 31 de maio ás 17:30 h no Salón de Actos.
Actriz e contadora de historias... escritora e dramaturga, é unha artista que traballa desde diferentes perspectivas a comunicación escénica.
Unha actividade do programa Lectura e Familias

 

martes, 2 de mayo de 2023

Obradoiro de Radio

venres 28 de abril 

Impartido por Susana Bastón Carballo, profesora de Comunicación audiovisual e publicidade da Universidade de Vigo.

O venres 28 de abril de 9:30 ata ás 14:00 h os alumnos voluntarios da biblioteca de 1º ESO e  1ºBAC disfrutaron dun  taller de radio.

O alumnado coñeceu as bases teóricas da produción radiofónica a través da práctica e creación dun podacst ou programa de radio.

Traballaron como redactar unha noticia, locutar e montar no Salón de Actos. A continuación, subiron ao estudo de Radio Onda Cosme para gravar o podcast. 

Para escoitar este podcast e ler máis información tedes o blog da radio. 

Máis información no blog da radio:

https://radiocosme.blogspot.com/

Acollida dos alumnos de 6º de Educación Primaria

xoves 27 de abril

Un ano máis os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e o CEIP do Bolo visitaron as instalacións do noso centro educativo o xoves 27 de abril pola mañá.

Na porta do instituto dous alumnos de 1ºB ESO (voluntarios da biblioteca) interpretaron coa gaita dúas pezas musicais, dándolles a benvida. Posteriormente recibiunos o equipo de directivo. 

A continuación, o alumnado acompañado polas súas titoras e dous profesores do instituto comezaron o percorrido polo centro. 


Primeiramente entraron no Taller de Tecnoloxía, onde a profesora da materia amosoulles  os proxectos expostos para a ocasión realizados por alumnos de distintos cursos.

Deseguido pasaron á Aula de Música, onde foron recibidos pola profesora da materia e escoitaron unha pequena interpretación musical a cargo dos alumnos de 2ºA ESO.

Seguidamente subimos ao segundo andar para visitar o Laboratorio de Ciencias Naturais, onde o profesor da materia explicoulles o material exposto. 
Fixeron despois unha parada nos Laboratorios de Química e de Física.


Continuamos o percorrido na primeira planta, para coñecer as Aulas de Plástica e Debuxo, o despacho de Orientación e a Biblioteca.
Aquí fixemos unha parada máis longa e aproveitamos para gravar un podcast na radio da biblioteca (Radio Onda Cosme).


Xabier e Eva entrevistaron a 19 alumnos e alumnas de ámbolos dous colexios de Primaria. No control técnico estivo Miguel, Martín e Carlos.
Despois de pasar pola biblioteca xogaron o esperado partido de fútbol entre os alumnos de 1º ESO e 6º Primaria. 

     
Na organización contamos coa axuda dos voluntarios da biblioteca. Partido que tivo coma espectadores a alumnos de varios cursos. 

     
Disputado partido entre os equipos dos alumnos de 6º E. Primaria e 1º ESO.

Finalizamos a visita coa foto do grupo diante da oliveira e uns petiscos na cafetería do centro.

Máis información no blog da radio:

https://radiocosme.blogspot.com/

Benvidos ao instituto!

O MUNDO DAS LETRAS

do 21 de abril ao 21 de maio


Día mundial do Libro

23 de abril


Exposición das fotografías participantes no VI Concurso de Fotografía da biblioteca

Novidades de libros