Acollida dos alumnos de 6º de Educación Primaria
xoves 27 de abril
Un ano máis os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e o CEIP do Bolo visitaron as instalacións do noso centro educativo o xoves 27 de abril pola mañá.
Na porta do instituto dous alumnos de 1ºB ESO (voluntarios da biblioteca) interpretaron coa gaita dúas pezas musicais, dándolles a benvida. Posteriormente recibiunos o equipo de directivo.
A continuación, o alumnado acompañado polas súas titoras e dous profesores do instituto comezaron o percorrido polo centro.
Primeiramente entraron no Taller de Tecnoloxía, onde a profesora da materia amosoulles os proxectos expostos para a ocasión realizados por alumnos de distintos cursos.
Deseguido pasaron á Aula de Música, onde foron recibidos pola profesora da materia e escoitaron unha pequena interpretación musical a cargo dos alumnos de 2ºA ESO.
Seguidamente subimos ao segundo andar para visitar o Laboratorio de Ciencias Naturais, onde o profesor da materia explicoulles o material exposto.
Fixeron despois unha parada nos Laboratorios de Química e de Física.
Continuamos o percorrido na primeira planta, para coñecer as Aulas de Plástica e Debuxo, o despacho de Orientación e a Biblioteca.
Aquí fixemos unha parada máis longa e aproveitamos para gravar un podcast na radio da biblioteca (Radio Onda Cosme).
Xabier e Eva entrevistaron a 19 alumnos e alumnas de ámbolos dous colexios de Primaria. No control técnico estivo Miguel, Martín e Carlos.
Despois de pasar pola biblioteca xogaron o esperado partido de fútbol entre os alumnos de 1º ESO e 6º Primaria.
Na organización contamos coa axuda dos voluntarios da biblioteca. Partido que tivo coma espectadores a alumnos de varios cursos.
Disputado partido entre os equipos dos alumnos de 6º E. Primaria e 1º ESO.
Finalizamos a visita coa foto do grupo diante da oliveira e uns petiscos na cafetería do centro.
Máis información no blog da radio:
https://radiocosme.blogspot.com/
Benvidos ao instituto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario