A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 27 de febrero de 2015

Día de Rosalía




A Biblioteca do noso centro quere rendir homenaxe á nosa senlleira poeta Rosalía de Castro. Os alumnos/as de 3º B-C de E.S.O. queren pendurar un video sobre o famoso poema "Negra Sombra" interpretado por Carlos Nuñez e Luz Casal.


 


Debuxo feito pola alumna Alba Domínguez


A nosa biblioteca, en colaboración coa biblioteca pública, celebra o día de Rosalía coa lectura, polos nosos alumnos, dalgúns poemas.






Ademáis queremos compartir con vós unhas fotografías realizadas por Daniel León sobre a exposición sobre as obras de Rosalía de Castro que temos na entrada do instituto.

viernes, 20 de febrero de 2015

O amor e a literatura.

O amor é un importante sentimento para as persoas, xa que conduce á nosa alma a un estado álxido de emoción. Tal vez sexa por eso que os escritores e escritoras de todas as épocas se desfogaran e sentiran a necesidade de escribir e poñer en papel e tinta esa morea de sentimentos. Tal vez sexa pola universalidade deste sentimento que se vendan tan ben as novelas de amor e que a xente lle guste tanto lelas.

Aproveitando a data de San Valentín, a Biblioteca do centro escolleu algunhas das súas mellores obras amorosas e as espuxo no expositor da entrada para que a comunidade educativa poidera emocionarse coa lectura de tan fermosas historias de amor.

Laura e Beatriz de 3º ESO.

miércoles, 11 de febrero de 2015

San Valentín, o Día do Amor.



Para chegar ao Día do Amor o Instituto foise enchendo de mensaxes e declaracións de amor que fixeron que todas e todos loubaramos os sentimentos de empatía e de amor: que delicia sentir o peito batendo co lume do amor!


A Biblioteca tamén quere pendurar a súa declaración de amor, cun fermoso poema de Federico García Lorca escrito baixo o influxo da amizade con Eduardo Blanco Amor, e que foi versionado polo grupo de folk galego Luar na lubre.


miércoles, 4 de febrero de 2015

Entroido

Observa Federico Cocho que "O Carnaval, o Entroido, é a festa das festas, todo un compendio de creativa espontaniedade, por unha banda, de repetición de seculares rituais e, por outro, o arquetipo de transgresión da orde habitual, da inversión de valores. Urbano e rural, algo terá o Carnaval para que resistise o paso de anos e séculos na vella Europa do Sur -no Norte o protestantismo tomouna coa cultura popular- e se teña fusionado coas culturas indíxenas latinoamericanas".

Dende o IES Cosme López tamén queremos celebrar esta "festa de festas" que na nosa contorna agroma cunha especial singularidade entre foliós, orellas, comadres e boteiros, toda unha comparsa de tradicións e cor que irrumpen entre as neves do inverno no noso país. Isas cores e esas tradicións foron tratados plasticamente nos murais que lucen iste curso polas paredes do centro.



Tamén a Biblioteca amosou as súas mellores galas entroideiras, sacando a luz diferentes ensaios sobre o Entroido en Galicia,como os de Federico Cocho ou Xesús Blanco Conde,  voltou aos clásicos co"Martes de Carnaval" de Valle-Inclán e puxo a nosa disposición fabulosos documentais  fotográficos para que disfrutemos con máis resoancias destas festa tan enxebre, tan nosa e tan universal.




De San Agustiño a Nietzsche pasando polo señor Ibrahim.






Unha das preguntas que nos podemos chegar a facer é de como dende unha clase de Educación para a Cidadanía poñemos como exemplo a un educador que xustifica ou é condescendente cos roubos, cas pequenas estafas e, incluso, coa prostitución. A primera vista é complicado. Pero cando avanzamos na lectura comprendemos que o señor Ibrahim está máis alá das normas de comportamento, que tanto lle gustaban ao pai de Momo, O señor Ibrahim permite o roubo e instrue ao xoven Momo nas artes do escamoteo ensinandolle a cambiar o viño bo por outro máis ruín, secar as bolsiñas de té para reutilizalas ou ben dar pate de can como se fose foigrás.

E todo esto o pode facer porque actúa dende o corazón, de boa fe, de tal xeito que isa pureza de intencións lle permite ao señor Ibrahim obrar sempre cunha libertade e creatividade inusitadas, ter sempre a resposta oportuna e significativa para Momo. Con amor, con agarimo vaise afibillando os vencellos entre o mozo e o vello, dunha maneira libre e empática porque por que se fai con amor.

E por iso que vos propuxen dúas máximas de dous pensadores ben distados no tempo: un bispo critián do século V, Santo Agostiño de Hipona, e un filósofo romántico famoso polo seu ateismo, Friedich Nietzsche. Espero que estas dúas máximas iluminen a vosa lectura.



lunes, 2 de febrero de 2015

Acompañando a lectura do señor ibrahim

Unha das recentes adquisicións da Biblioteca e o libro O señor Ibrahim e as flores do Corán de Eric-Emmanuel Schmitt, unha lectura que traballaremos na materia de Educación para a Cidadanía cos mozos e mozas de 2º de ESO.



A lectura de esta entretida novela vainos permitir reflexionar sobre problemas que atañen aos Dereitos Humanos mais tratandóos dunha maneira cercana, a partir de circustancias concretas e de fondo calado existencial. Ademaís a lectura da novela vai ir acompañada da proxección de certos frageméntos cinematográficos do filme que leva o mesmo título.






Na clase de hoxe estivemos vendo como hai unha contraposicón entre dous escenarios e dúas lóxicas que están presentes dende o incio da novela: a lóxica do pai, rexida polos valores grises do traballo, o aforro, a desconfianza e o deber; e a lóxica da Rúa Azul, onde está o señor Ibrahím, que está orientada cara o prohibido, os praceres e a diversión.

A novela empeza cunha trasgresión, romper o peto que de neno lle regalou seu pai, para ir de putas e ingresar, dise xeito na idade adulta. Este feito nos axudou a estudar imagoloxía da novela e narnos conta de que a imaxe que nos presenta a novela da prostitución e un tanto naif e non coincide co situación de explotación as que están sometidas moitas traballor@s do sexo. Pero para Momo, na novela, a prostitución e un mundo de afecto e cordialidade, tanto é así que lle regala un osiño de peluche, que representa a súa vida infantil, a señorita co cal perde a virxinidade.

Tamén tivemos ocasión de reflexionar sobre os tópicos, é dicir, sobre os estereotipos sociais que nos dan unha imaxe simplista e minusvalorizante dunha certa colectividade (arabes, negros, putas, etc....). Vemos como o señor Ibrahim, dende o agarimo e a cordialidade, se dedica a desmontar todos ises tópicos e vai abrindo a mente á vez que o corazón de Momó.