A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

miércoles, 21 de junio de 2023

  


Entrega de agasallos do VI Campionato de xadrez da biblioteca

A  vicedirectora do centro Rébeca entregou o mércores 21 de xuño os agasallos ós participantes neste novo campionato de xadrez da biblioteca.

                       

Entrega de agasallos a Lucas (3ºESO) gañador do VI Campionato de xadrez da biblioteca

Sebastián (3ºESO) foi o finalista deste campionato da biblioteca 

Agasallos entregados

Algúns dos alumnos que xogaron 

lunes, 19 de junio de 2023

Xogouse a final do VI Campionato de xadrez da biblioteca. 

Na final enfrontáronse Lucas e Sebastián alumnos ambos de 3ºESO. Ao final gañou Lucas.


Os pais do alumnado de 6º de Educación Primaria visitaron o centro o pasado 13 de xuño pola tarde.  Foron recibidos polo novo equipo directivo, a orientadora e un dos titores de 1º ESO do vindeiro curso. 

Fixeron unha visita ás instalacións do instituto no que estarán os seus fillos no vindeiro curso en 1ºESO.

Dentro do percorrido polo centro realizaron unha parada na biblioteca. Aquí foron recibidos polo coordinador e este entregoulles un tríptico con información das actividades e un folleto con información para as familias.

 
 Máis información no blog de A nosa biblioteca en familia:

O mércores 31 de maio Soledad Felloza  realizou un obradoiro para os alumjos e as familias baixo o título de "Ler está demoda" no marco do proxecto Lectura e familias.



                         
Ler  está de moda

Celebración das nosas letras galegas na biblioteca.

Vídeo do acto