A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 25 de noviembre de 2019

             Non á violencia de xénero


Na biblioteca do instituto celebramos o 25 de novembro, día contra a violencia de xénero, de xeito especial.





Mostramos na entrada da biblioteca “O libro contra a violencia de xénero” cheo de mensaxes reclamando á sociedade que non cale ante a violencia ás mulleres.






Hai que berrar alto: Non á violencia!  














Nas escaleiras do primeiro andar colocouse un mural




lunes, 18 de noviembre de 2019

Campionato de xadrez

III Campionato de xadrez

na biblioteca




 Os interesados en participar deberán apuntarse na biblioteca ou falar con Sergio Fernández (Coordinador da actividade) ata o día 19 de decembro de 2019. As parellas de contrincantes escolleranse mediante sorteo. O torneo contará con dous premios (primeiro e segundo) de cheque-agasallo canxeable en material deportivo ou librerías. Ademais do diñeiro os dous finalistas recibirán tamén un trofeo.
Samaín




O relatos de medo foron os protagonistas  na celebración do Samaín na biblioteca 


 

Relatos de medo en 1º B de ESO





Lectura dos relatos de medo creados polos alumnos de 1º B de ESO  na clase de Lingua e Literatura Galega






Hora de Ler

Hora de Ler

Seguimos coa hora semanal de lectura silenciosa nos curso de ESO e FPBásica


 







lunes, 4 de noviembre de 2019

Día da Biblioteca
   
O pasado 24 de outubro conmemoramos este día na nosa biblioteca e marcamos o inicio das actividades da biblioteca do curso 2019/2020. 
Para celebrar esta data tivemos unhas actuacións musicais e a lectura do pregón por parte dos voluntarios da biblioteca. Mostra do desenvolvido durante este acto é o vídeo gravado e montado tamén por un voluntario.