Jaureguizar na biblioteca
O martes 26 de marzo visitou o noso centro educativo o escritor galego Santiago Jaureguizar
O primeiro que fixo o escritor foi un encontro cos alumnos de 3º ESO no Salón de Actos para falar de Placebo
Despois o autor tivo un diálogo sobre o seu libro A cova das vacas mortas cos alumnos de 1º e 2º ESO
A presentación do autor estivo a cargo de Alexia e Marco de 1º B ESO
De seguido o escritor asinou exemplares de Placebo na biblioteca
Alumnas e alumnos de 3º ESO participaron na sinatura de libros
Deixou tamén asinados dous exemplares da biblioteca