A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 13 de junio de 2016

Chegan as vacacións de verán!

Nuns días chegarán as esperadas vacacións de verán. Nestas datas de merecido descanso para toda a familia animámosvos a que gocedes da lectura
É moi positivo para os vosos fillos que fomentemos a lectura desde idades temperás. Ler en familia é unha actividade saudable.

Non esquezas levar algunha das novidades da biblioteca para ler este verán.!


Podedes descargar aquí o boletín de lecturas



lunes, 6 de junio de 2016

Xornadas portas abertas

Hoxe pola mañá, recibimos ao alumnado das escolas adscritas ao noso IES, que será o alumnado de 1º ESO no vindeiro curso 2016/2017.

Presentámoslles a nosa biblioteca, e falamos con eles do seu funcionamento, e da posibilidade de formar parte do grupo de voluntarios da biblioteca.

miércoles, 11 de mayo de 2016

Correlingua 2016

Monforte de Lemos: 79 alumnos e alumnas  participaron en actos en prol da lingua galega, tamén realizaron, entre outras actividades, unha visita guiada polo centro histórico de Monforte: logo de baixar ata a praza de España pola costa de Santo Domingo, seguiron pola rúa do Comercio, cruzaron a ponte vella e atravesaron Ramberde cara o edificio multiusos.  A etapa monfortina do Correlingua rematou cun acto presentado polo gurpo Os parentes e  coa actuación do grupo O Pito de Pikaso.



Roteiro de Manuel María en Monforte de Lemos:


martes, 3 de mayo de 2016

Mes das Letras

A obra de Manuel María na biblioteca

Se queredes coñecer máis sobre o autor da Letras Galegas 2016 podedes realizar unha visita virtual a Casa Museo de Manuel María

Tamén podes atopar, na biblioteca, expostos fondos de autores homenaxeados, con motivo das Letras Galegas, nos anos anteriores


jueves, 21 de abril de 2016

Marcapáxinas pola solidaridade


O equipo da biblioteca lanza esta proposta didáctica que xunta a celebración do Día do Libro coa sensibilización dos dereitos da infancia e a recadación de fondos para programas de supervivencia infantil
A actividade consiste na elaboración dun marcapáxinas e a exposición e venta dos mesmos. O Centro fará chegar a cantidade recadada a Save the Children




https://www.savethechildren.es/sites/default/files/imce/docs/viii_marcapaxinas_a_prol_da_solidariedade.pdf

Un dos marcapáxinas feito polos alumnos/as de 1º ESO





Contar contos

Animar a ler desde a oralidad:

Traballar a linguaxe e a expresión oral: contar contos