Le no verán!
A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.
viernes, 8 de julio de 2022
lunes, 27 de junio de 2022
miércoles, 22 de junio de 2022
Chegada a Quiroga. |
En Quiroga fixemos dúas visitas guiadas primeiro ao Museo etnográfico e despois ao Museo xeolóxico.
Museos de Quiroga
Museo xeolóxico |
Museo etnográfico |
Rugando
A continuacón marchamos cara Rugando. Visitamos a antiga ferrería de Rugando, hoxe casa de turismo rural. E ao rematar principiamos a Ruta de sendeirismo.
Ruta de sendeirismo (Penafurada)
O noso guía Guillermo Aira organizounos unha pequena ruta. Polo camiño explicou cuestións relativas ao ferro, ás ferrerías e a natureza da zona.
Guillermo explicando a ruta |
Parada para unha pequena explicación sobre o ferro |
Encontro coa escritora na antiga ferrería de Rugando
Rugando ou o misterio do cuarto secreto de Celia Díaz
Despois deste interesante encontro a escritora asinou os libros que levaron os alumnos
Máis información no blog do club de lectura:
jueves, 19 de mayo de 2022
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O xoves 19 de maio celebración do día das Letras Galegas no patio do centro no segundo recreo.
Comezamos coa lectura dun poema do autor valdeorrés homenaxeado por parte de Ángel alumno de 1º de bacharelato.
Bocarribeira ValdeorresaEspíu o monte a mortaxa.Cataléptico no invernoVolta á vida na Coresmae viste de nazareno.(Cantariñas costureiras,con agarimo tecerano manteliño moradocó que se enfeitou a serra).Por fuxir do sol, a neve...
Presenta o acto Isabel alumna de 1º de bacharelato. A continuación Denis le un poema de Florencio (Aprendin a choutar entr´as cepas). E termina o acto coa lectura doutro poema (Louvanzas de nomes enxebres) do autor por parte de Xabier.
Aprendín a choutar entr´as cepasAprendín a choutar entr´as cepasque recobren as terras cobrizasco seu manto de seda esmeraldaen socalcos d´esgrevia fasquía.Mineral lembranzade aromas e tintas:ouro claro no godello,negra lousa no mencía.Moza fresca que arranc-los aciose escintilas na tona das uvas,aloumiña tamén o meu peitocoas túas mans de lizgaira tenrura.
Cantas o teu canto
de cantiga muda,
no teu leito da cocarribeira,
do Barco e da Rúa.
...
Louvanzas de nomes enxebresVolten, de Valdeorras, os nomes xenuinos:Non máis "Correjanes" nin "Vega Molinos";sín Veiga Muiños e máis Correxais,pois xa os "castrapismos" están por demáis.Arriba Penouta e abaixo "Penota"que é nome en "castrapo" e rima con "jota";afora "Jagoaza", nome cacafónico,adiante Xaguaza, enxebre i eufónico...
ACTO DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2ºBACHARELATO
![]() |
Alumnado de 2ºBacharelato. |
O mércores 18 de maio ás 20:00 horas no Salón de Actos do instituto celebrouse a graduación dos alumnos de 2º Bacharelato. A maioría destes alumnos/as exerceron de voluntarios da biblioteca durante varios cursos. Neste último curso Elias e Pablo colaboraron coas actividades da biblioteca.
![]() |
Elias e Pablo xunto ao coordinador da biblioteca |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)