Acollida do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino

O pasado xoves 16 de maio pola mañá, os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino coñeceron o que será o seu instituto o vindeiro curso escolar.
No Salón de Actos tres alumnos de 2ºB ESO (voluntarios da biblioteca) interpretaron dúas pezas musicais coa gaita, dándolles así a benvida.


A continuación, o alumnado fixo un percorrido polo centro guiados polo que será seu titor en 1ºESO.
En primeiro lugar entran no Polo Creativo onde a súa responsable ensina os equipos que temos e o uso que facemos dos mesmos.
 |
| Polo Creativo |
Despois àsan ao Taller de Tecnoloxía, onde observan e poñen en funcionamentos algúns dos traballos expostos.
Deseguido fixeron unha pequena parada na Aula de Música, onde foron recibidos pola profesora da materia.
 |
| Na Aula de Música con alumnos de 4ºESO |
Subiron ao segundo andar para visitar o Laboratorio de Ciencias Naturais onde xogaron en parellas no recoñecemento de rochas e minerais e despois pasar polos Laboratorios de Física e Química.
Baixamos ao primeiro piso e continuamos a visita polas Aulas de Plástica, Orientación e a Biblioteca.
 |
Na Aula de Plástica coa profesora
Visita á biblioteca
|
Aquí fixeron unha parada máis longa na que aproveitamos para xogar ao xadrez, xogos de mesa ou para gravar un podcast no estudio da radio da biblio (Radio Onda Cosme).
 |
| Nos micros e no control técnico estiveron voluntarios da biblioteca |

Despois de coñecer a biblioteca baixamos ao Pavillón a xogar o desexado e esperado partido de fútbol entre os alumnos de 6º Educación Primaria e 1º ESO. Axudan na organización do partido voluntarios da biblioteca.
Finalizamos esta xornada de acollida coa foto de grupos diante da oliveira e uns petiscos na cafetería do centro.
|
| Alumado de 6º Educación Primaria |
 |
| Alumnado de 6º E, Primaria e de 1º ESO |
Na porta do instituto foron despedidos pola futura directora do centro.
Ata setembro!
Para escoitar o podcast coa entrevista ós alumnos de 6ºEducación Primaria do CEIP Manuel Respino ir a seguinte ligazón do blog da Radio da biblioteca:
https://radiocosme.blogspot.com/