A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

sábado, 24 de enero de 2015

Día da Paz.



Dende 1964, para conmemorar a morte de Ganhdi, celebramos cada 30 de xaneiro o Día Escolar da non-violencia e da Paz. A Biblioteca tamén desexaba facer a súa achega para ensalzar os valores que promove esta senlleira data, de tal xeito que decidimos espoñer no noso anaquel da Conserxería un repertorio de lecturas que teñna que ver coa Paz e que promovan a cultura da non-violencia.


Para empezar a inspirar o voso gusto pola Paz empezamos cunha biografía sobre a figura e o pensamento de Ganhdí, o "Bapû" da India moderna e un dos persoeiros máis universales que teñen loitado en prol da convivencia pacífica.

Máis tamén queremos tocarvos a fibra emocional cosa aventuras de Persépolis e de O Principiño, obras que agochan dende a súa tenrura uns arraigados e fondos valores humanos.



Os amantes da literatura sabemos que as historias consiguen levarnos a unha sorte de experiencia catártica, del tal xeito que experimentamos a necesidade da Paz porque chegamos a comprender a través desas narracións o sinsentido e a dor que provocan as situacións de guerra e odio. Así, por exemplo, temos expostos un exemplar de Guerra e Paz, de León Tolstói, outro de  O neno do pixama a raias de John Boyne e tamén un volume de  Soldados de Salamina, de Javier Cercas, obras que, dende diferentes prismas, nos levan a mirar cara a cara ao horror e a barbarie dos grandes conflictos bélicos.

Entre outros moitos títulos tamén rescateremos outras obras de carácter ensaistico como os Cuatro poetas en guerra do famoso hispanista Ian Gibson e un título de ciencia ficción, La guerra de los mundos que nos leva un escenario apocalíptico de guerra total cunha civilización extraterreste.


No hay comentarios:

Publicar un comentario