A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 12 de junio de 2018

Xadrez na Biblioteca


Dende o pasado mes de Abril veuse celebrando na biblioteca do instituto o Primeiro Torneo de Xadrez "Bibliocosme". Nel enfrontaronse alumnos de todos os cursos da ESO e de Bacharelato. Os encontros tiveron lugar na sala de Bacharelato da Biblioteca ,durante os recreos. Organizáronse comezando por unha fase de grupos, da que os catro mellores pasaban á seguinte ronda, as semnifinais, das cales sairon os dous finalistas, Brian Izquierdo (4ºB) e Adrián Fernádez (1º BAC), que se enfrontaron nunha final, que rematou coa victoria de Brian.Proclamándose así campión do primeiro  Torneo de Xadrez "Bibliocosme". 


Como final para o evento, o Venres 1 de Xuño realizouse unha entrega de premios, na que ademáis de trofeo ao 1º e 2º Clasificado, entregouse a cada participante un pequeno agasallo pola súa participación.


Todo isto foi posible grazas a Óscar Prieto (1º BAC) quen coordinou e dirixiu todo, e a Víctor como representante da Biblioteca Escolar , quen apoiou a idea.








Tamén queremos agradecer á ANPA do Instituto a súa aportación , xa que foi quen mercou os xogos de xadrez cos que se desputou o torneo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario