A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

jueves, 29 de abril de 2021

 MES DAS LETRAS 

                                    23 de abril 

                                              17 de maio







IV Campionato de xadrez 

Volve o campionato de xadrez da biblioteca. Esta será a súa cuarta edición e o espazo escollido para as partidas é o patio exterior do noso centro. A situación sanitaria provocada polo Covid-19 obriga a desprazar o lugar de celebración do torneo. 

O responsable da súa organización será Sergio Fernández coa axuda de Iago Gómez, ambos os dous voluntarios da biblioteca de 1º Bacharelato. 

Club de lectura

Volven as reunións presenciais dos grupos do club de lectura. Hoxe no patio exterior do centro tivemos unha xuntanza dos alumnos/as participantes nos grupos de 3º e 4º de ESO.

Radio Onda Cosme 

Comezamos coas actividades de Onda Cosme no instituto. Un proxecto que recuperamos despois de vinte e cinco anos nos que deixara de emitir. A biblioteca e os seus voluntarios poñen en marcha esta renovada radio Onda Cosme, principiando unha nova etapa. Cheos de ilusión a poñemos en marcha.

Benvidos á radio!

Comezamos as probas de Radio Onda Cosme no espazo provisional da biblioteca
 
Voluntarios da biblioteca e da radio de 4ºESO proban o equipo

Máis informacion no blog de Radio Onda Cosme

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario