A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 15 de mayo de 2026

 Letras Galegas 2026

                              O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega, os departamentos de Lingua Galega, Música, Latín e o Equipo da Biblioteca, organizaron os actos de homenaxe a Begoña Caamaño.

No segundo recreo, na Biblioteca, tivemos unha lectura de textos de Begoña Caamaño do seu libro Morgana en Esmelle por parte do alumnado de 3ºESO B: J. R. R., I. D. A., C. N. S. e I. T. S.

Vídeo do acto na biblioteca:

Posteriormente,  no salón de actos, fíxose a segunda parte da celebración, coa lectura de textos e a interpretación de varias temas musicais.


No hay comentarios:

Publicar un comentario