A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

viernes, 27 de marzo de 2015

Día internacional do teatro

Dende a BIBLIOTECA queremos celebrar tamén o día mundial do TEATRO e poñer a vosa disposición o noso repertorio de lecturas teatrais.





miércoles, 25 de marzo de 2015

De poemas e poetas.

Neste mes de marzo celebramos dende a Biblioteca o Día da Poesía sacando dos nosos anaqueis unha selecta colección de libros de poesía para compartir con vós. No estante da entrada do centro atoparedes grandes libros da lírica universal, dende Dante a Machado,  pasando por clásicos das nosas letras como pode ser o libro Longa noite de pedra. ou a experiencia vangardista de viva galicia beibe




Tamén queremos aproveitar ista efeméride para rendir un sentido homenaxe a María Zambrano, unha das grandes pensadoras do século XX que destacou por ter habitado co seu pensamento isa franxa liminar entre a poesía e a filosofía. Para Zambrano a poesía forma parte da condición humana, xa que o sentir poético afóndanos nos grandes misterios que batexan nas profundidades da vida.



Será este texto o que leremos esta Semana Santa co alumnado de 1º de bacharelato na matería de Filosofía e Cidadanía, para achegarnos a ise papel esencial que xoga a poesía e as artes á hora de configurar a nosa educación sentimental.


jueves, 19 de marzo de 2015

Día Mundial da Poesía



Alumnos poetas para celebrar o día da poesía!

Invitámosvos a ler algúns poemas escritos polo noso alumnado (fai clic enriba do título)





Así como un poema escrito polo noso compañeiro Anxo



Feliz día mundial da poesía!


martes, 3 de marzo de 2015

Ibrahim ou o convite a viaxe.

Ibrahim é un ánxel para Momo, un guía que convida continuamente a saír dos seus traumas e limitacións para atopar sempre teso
uros alén dos problemas.

Ao longo da historia, Ibrahim convida a Momo a saír fora do seu triste mundo, a viaxar. Primeiro por París, ise París que Momo non recoñece como propio porque é a cidade dos sonrintes ricos parisinos alonxados do Barrio Azul; despois, visitando o mar que é o símbolo da trascendencia e do alén e, por último, iniciando unha viaxe iniciática que levará aos nosos protagonistas cara Oriente, terra onde
naceu o Señor Ibrahim e onde tamén atopará a súa morte.




A viaxe é, polo tanto, unha experiencia enriquecedora, que nos abre a outras culturas e persoas, que nos leva fora da nosa cotidianidade. Viaxar é fundamental no proceso formativo dunha persona.

Chegados ata eiquí, tamén temos que ser quen de comprender que a Literatura tamén pode ser entendida como unha viaxe que nos descubre mundos lonxanos o imaxinados e que nos levan a empatizar coas experiencias de persoas que están lonxe de nós.

Certamente, igual que Momo, nós  tamén aprendemos viaxando, a diferencia que nós non viaxamos físicamente senón que o facemos a través da Literatura e o Cine nas aulas de Eduación para a Cidadanía.


viernes, 27 de febrero de 2015

Día de Rosalía




A Biblioteca do noso centro quere rendir homenaxe á nosa senlleira poeta Rosalía de Castro. Os alumnos/as de 3º B-C de E.S.O. queren pendurar un video sobre o famoso poema "Negra Sombra" interpretado por Carlos Nuñez e Luz Casal.


 


Debuxo feito pola alumna Alba Domínguez


A nosa biblioteca, en colaboración coa biblioteca pública, celebra o día de Rosalía coa lectura, polos nosos alumnos, dalgúns poemas.






Ademáis queremos compartir con vós unhas fotografías realizadas por Daniel León sobre a exposición sobre as obras de Rosalía de Castro que temos na entrada do instituto.

viernes, 20 de febrero de 2015

O amor e a literatura.

O amor é un importante sentimento para as persoas, xa que conduce á nosa alma a un estado álxido de emoción. Tal vez sexa por eso que os escritores e escritoras de todas as épocas se desfogaran e sentiran a necesidade de escribir e poñer en papel e tinta esa morea de sentimentos. Tal vez sexa pola universalidade deste sentimento que se vendan tan ben as novelas de amor e que a xente lle guste tanto lelas.

Aproveitando a data de San Valentín, a Biblioteca do centro escolleu algunhas das súas mellores obras amorosas e as espuxo no expositor da entrada para que a comunidade educativa poidera emocionarse coa lectura de tan fermosas historias de amor.

Laura e Beatriz de 3º ESO.