A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

lunes, 17 de noviembre de 2014

A celebración do Sahmain.

O mes de novembro é o mes de Tódolos Santos, festa que veu a cristianizar os arcaicos ritos do Samhain, lugar ou umbral que marcaba o paso ao caron escuro do Ano, segundo os Celtas. Isa festividade volveu a recuncar na nosa cultura a través do Halloween anglosaxón, de aí que a nós tamén nos dera por mesturar a Edgard Allan Poe cos Once Badaladas de Suso de Toro, barallar as cabazas terroríficas de Halloween cos nosos magosto e rendir un xusto homenaxe ao Outono, unha estación onde presta abrir un libro a par do lume cunha presa de castañas.

É por tanto que dende a Bilblioteca resucitar do Alén uns anaqueis terroríficos para espanto de tod@s @s rapaces que estudan a iste lado da tumba, trátase dunha colección de contos góticos e novelas de terror que ben seguro a máis de un ou unha levantaranlle un profundo arrepio.


Máis a cousa non quedou, xa que os rapaces e rapazas do IES Cosme López quixeron dar a súa particular benvida ao Outono du xeito artistico, así que prepararon xunto ao EDLG unha serei de carteis en honor a nosa festa do Magosto, ao venerable calendario celta e un último en homenaxe as moitas cabazas máxicas que anduveron estes días poloas pasillos do colexio. Deixamos algunhas imaxenes que dan testimuña de todas estes divertidos labores.

No hay comentarios:

Publicar un comentario