A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Ler canda os números.

Polo que conta  Miguel de Guzmán  seica houbo un cabaleiro francés, xogador empedernido, tenía un importante problema. Cal sería en cada circunstancia concreta a aposta axeitada para que os apostantes estivesen en igualdade de condicións? Ademais de ter un problema, o cabaleiro tiña un  amigo, nada máis e nada menos que Blaise Pascal. A pregunta anidó na cabeza de Pascal e por iso intercambiou correspondencia co seu amigo Fermat, a proposito da preguntmo a do cabaleiro, creou a teoría da probabilidade, que foi a mai dun senfin de disciplinas matemáticas, físicas, etc....



E pode que ademáis de anécdotas, se abrimos un dos libros que se amosan no expositor da Biblioteca atopemos ao mesmísimo diaño das matemáticas, un xenio moi traste e enganador, que dun modo extranamente cartesiano nos deleitara coas curiosidades que agochan as matemáticas.

E ademáis de libros aproveitamos a ocasión para regalarvos algúns vencellos que vos conducirán a lugares onde os números opucan un lugar destacado:
Para máis información non dúbides chamar a atención dos vosos profesores de matemáticas e non deixedes de darlle saúdos dende a Biblioteca!.



No hay comentarios:

Publicar un comentario