A biblioteca debe ser o espazo de referencia para a lectura, a información e as aprendizaxes, en beneficio de toda a comunidade educativa.

martes, 2 de mayo de 2023

Acollida dos alumnos de 6º de Educación Primaria

xoves 27 de abril

Un ano máis os alumnos/as de 6º de Educación Primaria do CEIP Manuel Respino e o CEIP do Bolo visitaron as instalacións do noso centro educativo o xoves 27 de abril pola mañá.

Na porta do instituto dous alumnos de 1ºB ESO (voluntarios da biblioteca) interpretaron coa gaita dúas pezas musicais, dándolles a benvida. Posteriormente recibiunos o equipo de directivo. 

A continuación, o alumnado acompañado polas súas titoras e dous profesores do instituto comezaron o percorrido polo centro. 


Primeiramente entraron no Taller de Tecnoloxía, onde a profesora da materia amosoulles  os proxectos expostos para a ocasión realizados por alumnos de distintos cursos.

Deseguido pasaron á Aula de Música, onde foron recibidos pola profesora da materia e escoitaron unha pequena interpretación musical a cargo dos alumnos de 2ºA ESO.

Seguidamente subimos ao segundo andar para visitar o Laboratorio de Ciencias Naturais, onde o profesor da materia explicoulles o material exposto. 
Fixeron despois unha parada nos Laboratorios de Química e de Física.


Continuamos o percorrido na primeira planta, para coñecer as Aulas de Plástica e Debuxo, o despacho de Orientación e a Biblioteca.
Aquí fixemos unha parada máis longa e aproveitamos para gravar un podcast na radio da biblioteca (Radio Onda Cosme).


Xabier e Eva entrevistaron a 19 alumnos e alumnas de ámbolos dous colexios de Primaria. No control técnico estivo Miguel, Martín e Carlos.
Despois de pasar pola biblioteca xogaron o esperado partido de fútbol entre os alumnos de 1º ESO e 6º Primaria. 

     
Na organización contamos coa axuda dos voluntarios da biblioteca. Partido que tivo coma espectadores a alumnos de varios cursos. 

     
Disputado partido entre os equipos dos alumnos de 6º E. Primaria e 1º ESO.

Finalizamos a visita coa foto do grupo diante da oliveira e uns petiscos na cafetería do centro.

Máis información no blog da radio:

https://radiocosme.blogspot.com/

Benvidos ao instituto!

O MUNDO DAS LETRAS

do 21 de abril ao 21 de maio


Día mundial do Libro

23 de abril


Exposición das fotografías participantes no VI Concurso de Fotografía da biblioteca

Novidades de libros

miércoles, 26 de abril de 2023

A BIBLIOTECA EN FAMILIA

Obradoiro: Vive a biblio en familia!

O xoves 16 de marzo ás 17:00 horas celebramos un obradoiro de Lecturas e familias  no Salón de Actos. Damián Alonso foi o encargado de impartir o mesmo.

Máís información no blog de lecturas e familias:

/https://bibliotecaenfamilia.blogspot.com/


jueves, 9 de marzo de 2023

Día da Muller no IES Cosme López Rodríguez

9 marzo


Na entrada do instituto
Lectura dun Decálogo polos alumnos/as do instituto.



Na biblioteca
Exposición dunha selección de libros sobre a muller .

jueves, 2 de marzo de 2023

 


Día de Rosalía de Castro na biblioteca

Xoves 23 de marzo

1º recreo: música e presentación da celebración.

Iria e Alexia na presentación
Martín na parte musical

2º recreo: recitado de poemas de creación propia por parte do alumnado de 2º de Bacharelato

    Iván e Érika, Pedro, Clara, Tania e Sara



Venres 24: de marzo

1º  recreo: Música a cargo dos alumnos/as de 3º ESO que interpretaron a adaptación da canción "Adiós ríos, adiós fontes" de Amancio Prada feita pola profesora de Música.


                                              
A continuación lectura de poemas de creación propia do alumnado de 2º de bacharelato.


Xabier, Eric, Denis, Ángel, Noa, Irene e Isabel

2º recreo:
Recitado de poemas de autora homenaxeada por parte do alumnado de 1ºB ESO

Bruno, Jorge, Jara, Celia, Iago e Fernando
                                     
                  Exposición de libros da autora homenaxeada na biblioteca
              
         Viva Rosalía!





Vídeo do acto